Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de novembro de 1999 pola que se extingue a autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de educación infantil Fillas de María Mediadora de Vilalba (Lugo).

Visto o expediente sobre extinción de autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de educación infantil Fillas de María Mediadora, sito na rúa Porta de Cima, 65, de Vilalba (Lugo); iniciado ó abeiro do artigo 17.1º do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto oitavo.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 16

do Decreto 133/1995 e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Extingui-la autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de educación infantil Fillas de María Mediadora de Vilalba (Lugo), do que os demais datos se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Vilalba.

Localidade: Vilalba.

Código do centro: 27013302.

Enderezo: rúa Porta de Cima, 65.

Denominación: Fillas de María Mediadora.

Titular: Asociación Benéfico-Asistencial Fillas de María Mediadora.

Autorización do cesamento de actividades do centro.