Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación do proxecto de compensación da unidade delimitada en Canteira de Sar-Camiño Real de Angrois.

A Comisión de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 1999, aprobou o proxecto de compensación da unidade delimitada en Canteira de Sar-Camiño Real de Angrois, promovido por Edipromfer, S.L.

O ámbito de actuación ten unha superficie de 4.823,23 m e está comprendido entre as seguintes estremas:

Norte: parte segregada, propiedade de Edipromfer, S.L. situada no ámbito do Plan especial de mellora do medio urbano número 12 (PEMMU-12).

Sur: parte segregada, propiedade de Edipromfer, S.L., que ocupa terreos cualificados como solo non urbanizable (ordenanza 14) e terreos de Ermita Pazos Dono.

Leste: rúa Camiño Real de Angrois.

Oeste: rúa da Canteira de Sar.

Contra o acto de aprobación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva

poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso contencioso-administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o de reposición. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde