Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras:

1. Terminación C.P. PO-9207 Vichona-Dena (Sanxenxo 45.508.731. Meaño).

2. Urbanización vía de acceso ó hospital Comarcal (Vilagarcía 22.575.910).

Fianzas: definitiva do 4% do tipo de licitación.

Clasificación empresarial: obra nº 1: grupo G, subgrupo 4, categoría d; obra nº 2: grupo G, subgrupo 6, categoría b; grupo E, subgrupo 1, categoría a e grupo 1, subgrupo 1, categoría b.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 30 de novembro de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado