Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O alcalde dictou con data 8 de novembro o seguinte:

Decreto.-visto o expediente (IV-4-1999) relativo a un estudio de detalle promovido pola empresa Glaxo Wellcome Biofarma, S.A. e redactado polo arquitecto Marcos Fernández Álvarez-Santullano, e visado o 24 de setembro de 1999 modificado pola documentación tamén visada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Vigo) o 27 de outubro de 1999, constan dilixencias na documentación.

Tendo en conta que no expediente constan informes do arquitecto técnico municipal e do secretario da corporación.

Considerando o disposto nos artigos 30, 34.2º e 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, os artigos 65 e 66 do Regulamento de planeamento urbanístico e os artigos 21.1º.j) e 22.2º.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Vistos os antecedentes e preceptos referidos, e demais concordantes, esta alcaldía resolve:

a) Aprobar inicialmente o estudio de detalle referido.

Esta aprobación determina, por si soa a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias no ámbito do estudio de detalle.

b) Somete-lo expediente completo a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no DOG nun dos xornais de maior circulación na provincia.

No indicado prazo, que se computará a partir da publicación no DOG, o expediente queda exposto na secretaría do concello tódolos días hábiles de 9 a 14 horas, podendo presentarse alegacións e reclamacións ó estudio de detalle aprobado inicialmente.

O Porriño, 10 de novembro de 1999.

José Manuel Barros González

Alcalde