Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Cervo (Lugo), pola que se anuncia o concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto e urxente, a obra denominada saneamento e pavimentación en Vía Láctea (código 44012).

Faise pública a tramitación do anterior expediente de contratación. O orzamento de contrata, con IVE e demais impostos e gastos incluídos, é de 7.000.000 de ptas.

Información complementaria nos servicios administrativos e técnicos municipais en horario de oficina. Teléfono 982 55 77 77. O modelo normalizado de licitación publícase no BOP e o prazo de presentación de propostas establéceo a dita publicación no BOP.

Cervo, 22 de novembro de 1999.

José Manuel Balseiro Orol

Primeiro tenente alcalde