Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

EDICTO.

Anúnciase a contratación dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal e redacción de cartografía do Corgo.

As características do contrato son:

1. Obxecto: redacción do Plan xeral de ordenación municipal e execución de cartografía, do Corgo.

2. Entidade adxudicadora: Concello do Corgo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de contratación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 13.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de contrata.

b) Definitiva: 4% do mesmo orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Corgo.

b) Domicilio: Estrada Nacional VI, s/n.

c) Código postal e localidade: 27163-O Corgo (Lugo).

d) Teléfono: 982 30 21 00.

e) Telefax: 982 30 20 68.

f) Data límite: o día anterior ó que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares, co seu anexo, e de prescricións técnicas aprobados, nos tres sobres A, B e C, nos que figurará o nome do licitador e a inscrición «Concurso para contratación dos traballos de redacción do PXOM e execución de cartografía do Corgo».

O sobre A conterá a oferta económica de acordo co seguinte modelo:

«D/Dª... , con domicilio en..., no seu propio nome (ou en representación de ..., conforme acredita mediante...) comprométese a executa-los traballos de redacción do PXOM e execución de cartografía do Corgo polo prezo de (en letra e número) ... pesetas, con suxeición ó prego de cláusulas administrativas particulares, e anexo, e de prescricións técnicas, coas garantías e melloras que se especifican nos documentos B e C que xunta,

(Lugar, data e sinatura)».

c) Lugar de presentación: o rexistro xeral da Casa do Concello do Corgo, entre as 10 e as 14 horas.

Poderán tamén presentarse mediante os outros procedementos establecidos no artigo 36 da Lei 30/1992, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nestes últimos supostos os concursantes comunicaranlle ó concelllo o mesmo día da remisión, mediante fax dirixido ó número 982 30 20 68.

8. Apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da casa do concello, ás trece (13) horas do 5º día hábil seguinte ó de remate de presentación de ofertas. Se coincidira en sábado, retrasarase ó inmediato hábil posterior.

9. Criterios de selección e adxudicación: os criterios que servirán de base para a valoración de méritos do concurso serán os seis que figuran no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares, valorando cada un deles de 0 a 10 puntos, así como a proposta económica, que se valorará de 0 a 5 puntos.

O Corgo, 15 de novembro de 1999.

José Antonio Ferreiro González

Alcalde