Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público, de tramitación anticipada de gasto, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza no Centro de Saúde de Celanova (expediente CP-SX-2/00) e no de Xinzo de Limia (expediente CP-SX-3/00).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación dos servicios que a seguir se citan:

* Expediente CP-SX-2/00.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde de Celanova.

2. Orzamento máximo anual: 5.100.000 pts. (IVE incluído).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (102.000 pts.).

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (204.000 pts.).

* Expediente CP-SX-3/00.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde de Xinzo de Limia.

2. Orzamento máximo anual: 5.700.000 pts. (IVE incluído).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (114.000 pts.).

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (228.000 pts.).

4. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

5. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do ano 2000.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Criterios de adxudicación:

-Número de horas de limpeza: 40%.

-Plan de execución do traballo, medios auxiliares e experiencia 30%.

-Oferta económica: 30%.

9. Solvencia económica e financeira: acredítase por algún dos medios indicados no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acredítase por algún dos medios indicados no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na Avda. de Zamora, 13-5ª planta, 32005-Ourense, teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

13. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 10 horas do terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 22 de novembro de 1999.

José F. Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense