Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.449

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e traslado (33/1999).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Proposta de providencia da secretaria xudicial María Elma Monzón Cuesta.

En Santiago de Compostela, vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Formada peza separada, déaselle traslado a Manuel Campo Piñeiro e ó Ministerio Fiscal, por termo de seis días, para que conteste á oposición ó auto de medidas provisionais, dándolle traslado ó primeiro por medio de edictos, que se inserirán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, ó que se lle remitirá de oficio para a súa publicación, facéndolle saber que a demandante litiga co beneficio de asistencia xurídica gratuíta.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Campo Piñeiro, esténdese esta cédula para que sirva de cédula de notificación, requirimento e traslado en forma do incidente de oposición ó auto de medidas e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

A secretaria

Rubricado