Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.449

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (253/1999).

Proposta de providencia da secretaria xudicial María Elma Monzón Cuesta.

En Santiago de Compostela, vintesete de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O anterior oficio da policía local das Palmas de Gran Canaria únase e póñase o seu contido en coñecemento da representación demandante.

Visto o seu contido, lévese a efecto o emprazamento que vén ordenado, mediante edictos, que se inserirán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, facéndolle saber ó seu director que a demandante litiga co beneficio de asistencia xurídica gratuíta, a efectos de publicación gratuíta.

Asunto: xuízo de separación contenciosa nº 253/1999.

Emprazado: Marcial Granja Raviña.

Obxecto: comparecer no dito xuízo por medio de avogado e procurador e contesta-la demanda.

Prazo: vinte días.

Prevención legal: será declarado en rebeldía sen volver a citalo nin oílo e declararase precluído o trámite de contestación.

Santiago de Compostela, vintesete de outubro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado