Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de novembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios do sistema universitario de Galicia interesados en solicita-los créditos para financiamento dos seus estudios universitarios de terceiro ciclo.

Por Orde do 30 de agosto de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 9 de setembro), aprobáronse as bases que rexen a convocatoria pública de axudas ós universitarios do Sistema Universitario de Galicia interesados en solicita-los créditos para financiamento dos seus estudios universitarios de terceiro ciclo.

As solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de posibles beneficiarios do préstamo subsidiado ós estudiantes galegos de terceiro ciclo correspondentes ó curso 1999-2000 que se relacionan no anexo desta orde, e sempre que se cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a

cantidade de 254.600 pesetas, correspondentes á partida orzamentaria 07.05.322C.483.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1999.

Segundo.-As solicitudes que non figuran no anexo desta orde e que foron admitidas para participar neste concurso debe entenderse que quedan denegadas.

Terceiro.-Os posibles beneficiarios dos préstamos subsidiados desta convocatoria, que se relacionan no anexo desta orde, subscribirán os contratos de préstamo coas entidades financeiras (Banco Pastor, Caixa de Aforros de Galicia, Caixa de Aforros de Vigo, Caixa de Aforros de Pontevedra, Caixa de Aforros de Ourense, Banco Gallego, Banco Simeón e Banco Etcheverría) asinantes do convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de quince días, contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-O incumprimento total ou parcial por parte dos posibles beneficiarios de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 30 de agosto de 1999 constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 78.6º da Lei 11/1992, de réxime xurídico financeiro e orzamentario de Galicia.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Axudas ós estudiantes universitarios do sistema universitario de Galicia interesados en solicita-los créditos para financiamento dos seus estudios de terceiro ciclo

NÚM. EXPED.SOLICITANTEDNI/NIF

1999/000021-0BARTOLOMÉ ABRAIRA, ROBERTO76573169M

1999/000049-0BRAÑA MAGDALENA, ANA MARÍA36140067Y

NÚM. EXPED.SOLICITANTEDNI/NIF

1999/000046-0CALVIÑO VÁZQUEZ, MARÍA ELENA36152866V

1999/000007-0CANDELAS COLODRON, CÉSAR76407944N

1999/000034-0CARBALLEIRA DOPICO, MARÍA JOSÉ32675595R

1999/000006-0CARBALLO PÉREZ, AUREA GENOVEVA33330657T

1999/000042-0COSTAL ANDRADE, LUIS76817305L

1999/000026-0DA SILVA SARMIENTO, ERICA34272177S

1999/000029-0DORREGO VÁZQUEZ, ANA BELÉN44445813S

1999/000019-0FERNÁNDEZ AGUSTI, Mª BELÉN33324545Y

1999/000033-0GARCÍA NÚÑEZ, ISMAEL32667348B

1999/000002-0GARRIDO TROCHE, ISABEL MARÍA32827724P

1999/000028-0GÓMEZ RODRÍGUEZ, ANTONIO44809631L

1999/000020-0GOYANES LÓPEZ, PAULA76819418Q

1999/000003-0IGLESIAS PEREIRA, PATRICIA76368187E

1999/000030-0LÓPEZ FARIÑA, Mª DEL MAR52497404L

1999/000016-0LOPO ANTAS, ADRIANA76820970G

1999/000037-0LORENZO CARRAGAL, SONIA44077607Q

1999/000018-0MARTÍNEZ MOSQUERA, GUADALUPE79318973T

1999/000032-0MOREIRAS PLAZA, Mª ROCÍO34989645K

1999/000048-0MUÑOZ FERNÁNDEZ, Mª EUGENIA34981399D

1999/000009-0PALLARES AMENEIRO, LAURA32679768B

1999/000051-0PARDO DE NEYRA FDEZ.-COUSO, JULIO33306619C

1999/000014-0PÉREZ ESCUREDO, TIRMA- LINA33338325D

1999/000008-0PÉREZ LARRAN, CARMEN53170987R

1999/000035-0PREZADO ALONSO, YOLANDA76726397F

1999/000031-0RAMOS ARDA, RODRIGO EDUARDO32597598C

1999/000010-0RAPOSO GALLEGO, XOSÉ34256559Z

1999/000004-0RODRÍGUEZ LEIRA, PILAR32679606X

1999/000013-0RODRÍGUEZ Y SÁNCHEZ, RAMÓN DIONISIO33306389C

1999/000017-0ROZAS DOMÍGUEZ, RAMÓN35320640T

1999/000024-0SÁNCHEZ SAMPEDRO, BLANCA44818259E

1999/000015-0SANJORGE MAQUIEIRA, ANA PATRICIA35317123W

1999/000052-0SANJURJO FERNÁNDEZ, TANIA32823738R

1999/000040-0VALLE REGUEIRO, LUIS33340154K

1999/000012-0VIAÑO SANTASMARINAS, JORGE JUAN44809975H

1999/000043-0VIDAL LÓPEZ, PABLO32844246Q

1999/000005-0VILA LAMEIRO, PABLO33328773W