Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.445

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999 pola que se convoca unha xornada sobre codificación e calidade das normas.

A EGAP, en execución do seu plan de formación para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase unha xornada sobre codificación e calidade das normas. Esta xornada, que se organiza en colaboración coa Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, realizarase conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O estudio e debate das cuestións máis importantes que se presentan en materia de codificación e calidade das normas en Galicia e nos países do noso contorno cultural.

2. Destinatarios.

A xornada vai destinada preferentemente a letrados e asesores xurídicos. O obradoiro da tarde estará reservado só para letrados e asesores xurídicos.

3. Desenvolvemento.

3.1. Data de realización: 20 de decembro de 1999.

3.2. Lugar: na sede da EGAP en Santiago de Compostela, rúa de Madrid, 2-4.

3.3. Horarios: en sesións de mañá e tarde.

4. Contido.

A codificación en España: especial referencia a Galicia. A codificación en Francia. Codificación e calidade das normas.

5. Inscrición.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O número de fax da EGAP é o 981 54 63 37.

-Forma: segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria.

-Prazo: remata o 16 de decembro. Unha vez rematado o prazo, e no caso de existiren prazas vacantes, admitiranse as peticións que cumpran os requisitos xerais da convocatoria.

6. Publicación e notificación da selección.

Os solicitantes poderán confirma-la súa selección chamando por teléfono en días laborables das 9 ás 14 h ó número 981 54 62 49 ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios da EGAP.

7. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

8. Certificados de asistencia.

Ó remate da xornada entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas inscritas que efectúen os controis de asistencia que determine a escola.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública