Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.442

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de novembro de 1999 pola que se suprimen ou modifican centros públicos de educación infantil, primaria e integrados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 221, do martes 16 de novembro de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 13.424, na parte dispositiva deberase engadir: «Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

Na páxina 13.425, concello de Boiro, onde di: «CEIP Sar-Campo San Roque», debe dicir: «EEI Sar-Campo San Roque».

Na páxina 13.428, concello de Antas de Ulla, CEIP Antas de Ulla, onde di: «Postos de traballo EI-2 e EP-2», debe dicir: «Postos de traballo EI-3, EP-4, FI-1, FF-1, EM-1, EF-1 e PT-1. Total 12».

Na páxina 13.429, concello de Burela, CEIP Vista Alegre, onde di: «Total postos de traballo 12», debe dicir: «Total postos de traballo 15».

Na páxina 13.431, concello de Sarria, CEIP Frei Luis de Granada, onde di: «total de postos de traballo 29», debe dicir: «total postos de traballo 28».