Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza á empresa Energía de Galicia, S.A. a ampliación do xerador eólico de Pena Galluda, no municipio de Laracha (A Coruña) e se inclúe esta no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do Real decreto 2818/1998. (Expediente 50237).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Energía de Galicia, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Londres, 11-B, baixo, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando a autorización administrativa da ampliación dun xerador instalado en Pena Galluda, no municipio de Laracha, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 16 de agosto de 1983, a Consellería de Industria, Enerxía e Comercio da Xunta de Galicia autorizou á empresa Energía de Galicia, S.A. (Engasa) a instalación dun xerador eólico de 55 kW en Soutullo, Laracha (A Coruña), publicada no BOP da Coruña do 13 de setembro de 1983.

Segundo.-Con data do 15 de abril de 1999, a citada empresa solicitou a autorización administrativa da ampliación do citado xerador eólico; xúntase á dita solicitude o preceptivo anteproxecto a que fai referencia o artigo 8 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto no punto segundo da disposición transitoria primeira da Lei 54/1997 do sector eléctrico.

Terceiro.-Con data do 26 de maio de 1999, a referida empresa solicitou o recoñecemento para a dita instalación do réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, para o cal presentou a documentación esixida polo artigo 7 do citado Real decreto 2818/1998.

Cuarto.-As características básicas do xerador eléctrico previsto serán as seguintes: xerador eólico de 660 kW de potencia e centro de transformación de 700 kVA de potencia, relación de transformación 0,69/20 kV, conectado a través da liña subterránea de 70 m de lonxitude unha L.M.T. que vai construí-la empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Quinto.-De conformidade co establecido no citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 31 de maio de 1999 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 22-6-1999 e no BOP da Coruña do 3-7-1999, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Sexto.-O proxecto recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autorizarlle á empresa Energía de Galicia, S.A. a ampliación da instalación dun xerador eólico que se situará en Pena Galluda, no termo municipal de Laracha, na provincia da Coruña.

2. Recoñecerlle á citada instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Cualquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir definitivamente a esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), no prazo de dous anos a partir da notificación desta resolución, para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a docu

mentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, de se-lo caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria