Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da central hidroeléctrica de Tambre-pé de presa, no río Tambre, termo municipal de Brión (A Coruña).

Visto o escrito presentado por Unión Eléctrica Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Betanzos, 1-1º Esqu., 15004 A Coruña, pola que se solicita autorización administrativa, aprobación do proxecto das novas instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Tambra-pé de presa, no río Tambre, termo municipal de Brión (A Coruña), resultan os seguintes feitos:

Primeiro.-O 31 de xullo de 1998 Unión Eléctrica Fenosa, S.A. solicitou unha modificación concesional do aproveitamento hidroeléctrico formado por dous saltos: Tambre I y Tambre II, para derivar un caudal ecolóxico do encoro de ata 5 m/sg e o seu aproveitamento hidroeléctrico no tramo existente entre as cotas 149,67 m correspondente ó máximo encoro normal no punto de toma e a cota 110,31 m correspondente á cota de descarga e o caudal de 22,3 m/sg que se desauga a canle de toma da segunda central denominada Central de Tambre I do río Tambre, termo municipal de Brión (A Coruña) con destino á producción de enerxía eléctrica, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

As características técnicas básicas da central hidroeléctrica son as seguintes:

-Turbina tipo Kaplan de eixo vertical, xerador síncrono trifásico de 6.519 kW, tensión de xeración 6 kV. Salto bruto 36,51 m e caudal de 22,3 m/sg.

-Turbina tipo Francis de eixo horizontal, xerador síncrono trifásico de 1.662 kW, tensión de xeración 6 kV. Salto bruto 39,56 m e caudal de 5 m/s.

Segundo.-A solicitude de autorización administrativa da central someteuse a trámite de información

pública, para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, xa citado, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 916/1985, do 25 de maio.

Tercerio.-O 5 de maio de 1998, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental acordou aproba-la declaración de efectos ambientais correspondente ó dito proxecto.

Cuarto.-O 15 de decembro de 1998, Augas de Galicia resolveu outorgar a Unión Eléctrica Fenosa, S.A. a tranferencia e modificación da concesión do aproveitamento relativo ós saltos de Tambre I e Tambre II, nos termos solicitados e autoriza-la construcción da nova central hidroeléctrica ó pé de presa do encoro Barrié de la Maza e aproba-lo proxecto constructivo do aproveitamento hidroeléctrico Tambre-pé de presa.

Quinto.-Con data do 15 de abril de 1999 a referida empresa solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración da Central de Tambre-pe de presa no río Tambre, termo municipal de Brión (A Coruña).

Sexto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e a aprobación do proxecto da central hidroeléctrica de referencia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos reflectidos no proxecto denominado central hidroeléctrica de Tambre-pe de presa, no río Tambre, Concello de Brión, (A Coruña).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria