Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.330

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONVOCATORIA dun curso de diplomado en enfermería de empresa.

A Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, de acordo coas previsións legais e coa finalidade de potencia-la formación e capacidade dos profesionais sanitarios no ámbito da saúde laboral, convoca un curso de diplomado de enfermería de empresa, en colaboración co Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Polo tanto, a Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, de acordo cos obxectivos en materia de formación e actualización recollidos nos seus estatutos, e coa autorización da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Escola Nacional de Medicina do Traballo, convoca o curso de ATS/DUE devandito, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócase un curso de diplomados de enfermería de empresa en colaboración co Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

1.2. O número de prazas que se convocan para este curso é de 40, que se cubrirán por concurso de méritos se o número de solicitudes excede da cifra citada.

1.3. Os méritos valorables no concurso serán os que se establecen no baremo que figura como anexo I da presente convocatoria.

1.4. Non serán valorables os méritos que non sexan debidamente acreditados.

1.5. A presentación de documentación acreditativa dos méritos alegados, distinta á requirida ou a non presentación dela, producirá a non valoración dos correspondentes méritos, pero non será causa de exclusión do aspirante para participar no proceso de selección.

2. Requisitos.

2.1. Será requisito común para tódolos aspirantes posuí-lo título de diplomado en enfermería ou axudante técnico sanitario, ou practicante ou enfermeira, que se acreditará mediante a presentación do título orixinal ou fotocopia compulsada.

2.2. Os aspirantes ás prazas deberán de posuí-la nacionalidade española, que se acreditará coa presentación da copia compulsada do documento nacional de identidade.

2.3. Os requisitos establecidos nas bases 2.1 e 2.2 deberanse cumprir no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias.

3. Solicitudes.

3.1. A solicitude para tomar parte no curso axustarase ó modelo oficial, que figura como anexo II da presente convocatoria.

3.2. Xunto coa solicitude, os aspirantes presentarán a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos específicos na base II, así como a documentación acreditativa dos méritos presentados.

3.3. As solicitudes deberán dirixirse ó director do curso ó seguinte enderezo:

Director do curso de diplomado en enfermería de empresa.

Servicio de Medicina Preventiva. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Rúa Doutor Severo Ochoa s/n. 27004 Lugo. Tfno. 982 29 64 95/982 28 02 79

3.4. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

3.5. Rematado o prazo de presentación de instancias, a dirección do curso e os respectivos organismos competentes farán públicas as listas de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

3.6. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación das listas, para emenda-lo defecto que motivase a súa exclusión.

4. Comisión de selección.

4.1. O proceso de selección será levado a cabo pola comisión de selección, que será presidida polo director do curso ou persoa en quen expresamente delegue estas funcións.

4.2. A comisión de selección, ademais do presidente contará con catro vocais. Dous deles serán representantes do Complexo Hospitalario Xeral-Calde e outros dous da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais. Cada membro da comisión de selección terá un suplente.

4.3. A composición da comisión de selección determinarase mediante resolución da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, que se publicará nos taboleiros de anuncios da sede da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais e do Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

5. Proceso de selección.

5.1. A comisión de selección a que fai referencia a base IV procederá a valora-los méritos que, debidamente acreditados, sexan presentados polos solicitantes, aplicando para iso o baremo que figura como anexo I da presente convocatoria.

5.2. No caso de posible empate, terá prioridade o aspirante que conte con maior puntuación no capítulo 2 do baremo establecido que figura no anexo I Méritos profesionais en saúde laboral, e no caso de novo empate, o aspirante de maior idade.

5.3. Rematado o proceso de valoración, a comisión de selección elaborará unha lista provisional dos aspirantes por orde correlativa da puntuación obtida por cada un deles

5.4. As listas provisionais publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais e do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

5.5. Contra as listas provisionais, os interesados poderán formular reclamación ante o director do curso, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa plublicación nos taboleiros de anuncios sinalados na base 5.4. Estas reclamacións serán resoltas mediante resolución da comisión avaliadora.

5.6. Rematado o prazo de reclamacións, e tendo en conta as resolución recaídas nelas, elaboraranse as listas definitivas de admitidos a cada curso, ás que se dará a mesma publicidade que ás listas provisionais.

5.7. Ó se publica-las listas de admitidos, especificaranse o prazos para formaliza-la matrícula, o lugar en deberá facerse, o seu importe, a data de comezo do curso e o centro onde se desenvolverá este.

6. Desenvolvemento do curso.

6.1. O curso desenvolverase por medio de ensinanzas teóricas e prácticas de trescentas horas e nas materias establecidas no anexo III.

6.2. Os alumnos matriculados estarán obrigados a asistir ás clases teóricas e prácticas. A ausencia superior a un 10 % da horas lectivas dará lugar á perda de tódolos dereitos do alumno, incluído o importe da matrícula.

6.3. A Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais e o Complexo Hospitalario Xeral-Calde, de acordo coa comisión de seguimento, determinarán o tipo de probas que deberán de supera-los aspirantes ó diploma, que será expedido pola Escola Nacional de Medicina do Traballo.

7. Comisión de seguimento.

7.1. Co fin de establece-la necesaria coordinación, vixilancia e arbitraxe da convocatoria e determina-los criterios para o desenvolvemento e avaliación dos cursos, crearase unha comisión de seguimento.

7.2. A comisión de seguimento constituirase no Complexo Hospitalario Xeral-Calde e será presidida polo director do curso, formando parta dela o xefe de estudios, o coordinador de prácticas deste, e os coordinadores dos módulos correspondentes ó programa do curso.

Lugo, 27 de setembro de 1999.

Santiago Díaz de Freijo López

Presidente da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais

ANEXO I

Baremo de méritos académicos e profesionais

1. Méritos académicos correspondentes ós estudios de diplomado en enfermería ou axudante técnico sanitario ou practicante ou enfermeira.

Cualificación do curso, por nota media:

Sobresaliente con matrícula de honra: 2 puntos.

Sobresaliente: 1 punto.

Para a obtención da nota media non se terán en conta as cualificacións obtidas nas materias de relixión, moral profesional, deontoloxía e ética, educación física, formación política, ensino de fogar e idiomas.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación académica oficial orixinal ou fotocopia, debidamente legalizada ou compulsada.

2. Méritos profesionais en saúde laboral.

2.1. Cursos de saúde laboral: valoraranse os desenvoltos na Escola Nacional de Medicina do Traballo, Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, escolas profesionais de Medicina do Traballo da universidade e da Escola Nacional de Sanidade, así como aqueles organizados por institucións privadas acreditadas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia.

Avaliaranse as horas lectivas acreditadas por diploma ou certificado (especificando a duración total do curso), con 0,2 puntos cada dez horas, ata un máximo de 2 puntos.

2.2. Traballos científicos en saúde laboral. Valoraranse os traballos científicos sobre saúde laboral publicados en revistas científicas españolas ou estranxeiras, así como comunicacións sobre saúde laboral aceptadas e presentadas en congresos. Para a súa valoración deberanse presentar separatas ou fotocopias legalizadas ou compulsadas dos traballos xa publicados.

Concederase unha puntuación de 0 a 1 punto por traballo publicado, por criterio da comisión de selección, ata un máximo de 3 puntos.

2.3. Servicios presentados en servicios de prevención das empresas, como ATS, diplomado en enfermería ou pertenza ó corpo de ATS, visitador da Seguridade Social, sistemas autonómicos de saúde ou do Instituto Social da Mariña.

Valoraranse os servicios prestados en servicios médicos de empresa, ou en actividades de prevención en mutuas de accidentes de traballo e enfermidade profesional con carácter interino, eventual ou contratado, que se desempeñen na data en que se publica a presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Os devanditos servicios acreditaranse con certificación oficial, na que consten de xeito expreso os anteriores requisitos, ou coa demostración

dun vínculo laboral fidedigno (TC2, nómina oficial, etc.), e a súa validez determinada pola comisión de selección.

Os aspirantes que pertenzan ó corpo de ATS visitadores da Seguridade Social (Insalud ou Instituto Social da Mariña ou sistemas autonómicos de saúde), deberán de atoparse en activo no desempeño da súa praza realizando funcións relacionadas coa saúde laboral, o que acreditarán mediante a presentación de certificación expedida pola autoridade correspondente, que asuma as competencias en saúde laboral en cada ámbito territorial.

Valorarase con 0,1 punto por mes traballado, ata un máximo de 4 puntos.

ANEXO II

Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Don/a... nacido/a... natural de... provincia de... con domicilio en... provincia de... rúa..., nº..., C.P...

En posesión do título de diplomado en enfermería (axundate técnico sanitario/practicante/enfermeira),

EXPÓN:

Que desexa participar no curso de diplomado en enfermería de empresa, que se realizará no Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, polo que acepta todas e cada unha das condicións expresadas nas bases da súa convocatoria, polo que

SOLICITA:

Ser admitida a presente solicitude e documentación adxunta, co fin de tomar parte no devandito curso.

Director do curso de diplomado de enfermería de empresa.

Servicio de Medicina Preventiva. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Rúa Doutor Severo Ocha s/n. 27004 Lugo. Tfno. 982 29 64 95/982 28 02 79.

Puntos

Baremo de méritosBaremoAuto

valoración

Comprobación

Cualificación por expediente académico (nota media)

Sobresaliente con matrícula de honra2,00

Sobresaliente1,00

Méritos profesionais en saúde laboral

Horas lectivas en cursos de saúde laboral0 a 2

Traballos científicos en saúde laboral0 a 3

Servicios prestados en saúde laboral0 a 4

Total

ANEXO III

Temario do curso

(300 horas lectivas)

1. Módulo 1. Normativa.

1.1. Coñecemento xeral da lexislación española e comunitaria.

1.2. Lei de prevención de riscos laborais.

1.3. Regulamento dos servicios de prevención.

1.4. Actuación da Comunidade Autónoma galega en prevención.

1.5. A incapacidade temporal e a incapacidade permanente.

1.6. Conceptos de accidente de traballo e enfermidade profesional.

2. Módulo 2. Conceptos xerais.

2.1. Saúde e traballo: o risco laboral, o dano para a saúde e a prevención.

2.2. Enfermería do traballo.

2.3. Seguridade no traballo.

2.4. Hixiene industrial.

2.5. Ergonomía e psicosocioloxía do traballo.

2.6. A saúde pública e a saúde laboral.

2.7. A medicina legal na saúde laboral.

2.8. A saúde laboral e o Sistema Nacional de Saúde.

3. Módulo 3. Patoloxía laboral.

3.1. Psicopatoloxía do traballo.

3.2. Toxicoloxía laboral.

3.3. Traumatoloxía laboral.

3.4. Oftalmoloxía laboral.

3.5. Otorrinolaringoloxía laboral.

3.6. Enfermidades respiratorias no ámbito laboral.

3.7. Dermatoloxía laboral.

3.8. Enfermidades infecciosas no ámbito laboral

3.9. Cancro e a actividade laboral.

3.10. Trastornos cardíacos e actividade laboral.

3.11. Outras patoloxías relacionadas co ámbito laboral.

4. Módulo 4. Intervención en prevención de riscos.

4.1. A avaliación de riscos e a planificación da prevención.

4.2. Estudio e prevención do absentismo laboral.

4.3. A urxencia no medio laboral.

4.4. Actualización en urxencias médicas.

4.5. A vixilancia médica da saúde.

4.6. A vixilancia epidemiolóxica.

4.7. A educación sanitaria no medio laboral.

4.8. A promoción da saúde no medio laboral.

4.9. A prevención postural e cinética.

4.10. A rehabilitación e readaptación laboral.

4.11. A documentación en prevención de riscos laborais.

4.12. A xestión en prevención de riscos laborais.

4.13. As auditorías en prevención de riscos laborais.

4.14. A investigación en saúde laboral.

4.15. A informatización en saúde laboral.

4.16. Os riscos laborais no persoal sanitario.

5. Módulo de prácticas.

P1 Prácticas en emerxencias no medio laboral.

P2 Prácticas nun servicio de prevención propio.

P3 Prácticas en actuacións preventivas diversas.

P4 Prácticas nun servicio de prevención externo.