Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.329

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 15 de outubro de 1999, da Delegación de Badaxoz, de notificación de providencia de constrinximento (expediente 1997/OU1384-O-97).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro), segundo redaccion dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, por este anuncio faise saber que, tentada a notificación ós interesados ou ós seus representantes, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio ponse de manifesto que se encontran pendentes de practica-las seguintes notificacións:

-Relación de debedores con notificacións pendentes: os incluídos na relación adxunta.

-Procedemento que motiva as notificacións: procedemento administrativo de constrinximento.

-Órgano responsable da súa tramitación: órganos de recadación desta delegación.

Os debedores incluídos na relación adxunta ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer, co obxecto de que se practique a notificación pendente, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto o boletín oficial correspondente, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na unidade de recadación de calquera das oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria nesta provincia, sitas en:

Don Benito: Alonso Martín, 16.

Mérida: praza de Santa María, 5.

Zafra: Avda. Antonio Chacón, s/n.

Badaxoz: paseo de San Francisco, 17.

Os debedores que citados por este anuncio non comparezan en por si ou por medio dos seus representantes debidamente acreditados no prazo fixado con anterioridade, entenderanse notificados para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Badaxoz, 15 de outubro de 1999.

Rafael Díaz García

Xefe da Dependencia de Recadación de Badaxoz

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Pro. Ap.

B06.247.472

Sotrans Damian, S.L.

R/ Valle, 61, Almendralejo

Sanción Exp.: 1997/OU01384-O-97 P. Ter.C1100099320044703300.00015-6-1999