Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de varios vehículos para o parque móbil municipal.

Obxecto: subministración de camión, furgonetas, turismo e todoterreo.

Lugar de entrega: casa do concello.

Prazo de entrega: tres meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento total: 21.928.848 ptas.

Lote número 1: 1 camión, 8.700.000 ptas.

Lote número 2: 3 furgonetas, 5.921.000 ptas.

Lote número 3: 2 turismos, 4.000.000 de ptas.

Lote número 4: 1 todoterreo. 3.307.848 ptas.

Garantía provisoria: no se esixe por seren os lotes de contía inferior á establecida no artigo 36.2º en relación co artigo 178.2º da LCAP.

Información: Negociado de Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

Narón, 15 de novembro de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde