Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación para a actuación no solo industrial do SUNP-34 en Boisaca.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do 29 de xullo de 1999, aprobou definitivamente o Plan parcial de ordenación para a actuación no solo industrial do SUNP-34 en Boisaca, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

Consonte o disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP, o día 25 de outubro de 1999, o texto íntegro da normativa urbanística do Plan parcial definitivamente aprobado.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fín á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde