Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dunha máquina reproductora de planos.

Obxecto: subministración dunha máquina reproductora de planos.

Lugar de entrega: casa do concello.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicacón: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento total: 5.900.000 ptas.

Garantía provisoria: non se esixe por se-lo orzamento de contrata de contía inferior á establecida no artigo 36.2º en relación co artigo 178.2º da LCAP.

Información: Negociado de Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

Narón, 15 de novembro de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde