Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

CONCURSO para arrendamento do servicio de cafetería do Miradoiro da Terra Chá na Feira do Monte.

Acordo da Comisión de Goberno, do 28 de outubro do 1999, polo que se aproba o prego de cláusulas administrativas particulares e a convocatoria do concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia.

Obxecto: arrendamento por xestión indirecta do servicio da cafetería no Miradoiro da Terra Chá na vila de Feira do Monte.

Canon de arrendamento: mínimo 120.000 ptas./ano.

Fianzas: provisional: 25.000 ptas.

Definitiva: igual ó importe dun trimestre do canon, cun mínimo de 50.000 ptas.

Presentación de plicas: durante os 13 días naturais a partir do último dos anuncios publicados no BOP de Lugo e no DOG.

Na Secretaría do Concello, de 10 a 14 horas.

Se o último día coincidise en sábado ou festivo o prazo rematará ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 12 horas, do sexto día hábil, contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas.

Información e documentación: oficinas municipais do Concello de Cospeito, Feira do Monte, Avda. Terra Chá, nº 29 CP 27377. Teléfono 982 52 00 01, de 10 a 14 horas, ata o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

As características peculiares e a documentación esixida para tomar parte no concurso figura no expediente que se atopa na Secretaría do Concello.

Ó mesmo tempo, exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, por prazo de oito días hábiles para efectos de exame e reclamacións.

Cospeito, 15 de novembro de 1999.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde