Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia e expediente anticipado de gasto, para a adquisición de moblaxe de oficina con destino ó Hospital Nicolás Peña de Pontevedra. (SCS.-04/2000) (6 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67, fax 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, subministracións sucesivas, anticipado de gasto, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Nicolás Peña de Pontevedra.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: subministracións de moblaxe de oficina (6 lotes).

Orzamento total: cincuenta e dous millóns setecentas seis mil pesetas, IVE incluído (52.706.000 ptas., IVE incluído), quedando condicionado á exis

tencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

316.769,44 euros.

Exercicio con cargo ó cal se tramita: posterior, quedando sometida a adxudicación do contrato á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado no citado exercicio, de acordo co disposto no artigo 70.4º de la LCAP.

-Lote nº 1: Eq. cadeiras: 18.033.000 ptas.

-Lote nº 2: Eq. mesa e armarios: 25.050.000 ptas.

-Lote nº 3: Eq. moblaxe á medida: 2.325.000 ptas.

-Lote nº 4: Eq. dotación vestiarios: 3.600.000 ptas.

-Lote nº 5: Eq. accesorios aseos: 1.998.000 ptas.

-Lote nº 6: Eq. audiovisuais: 1.700.000 ptas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministracións e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo de entrega máximo un (1) mes desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 23 de decembro de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 31 de decembro de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

-Lote nº 1: 360.660 ptas.

-Lote nº 2: 551.000 ptas.

-Lote nº 3: 46.500 ptas.

-Lote nº 4: 72.000 ptas.

-Lote nº 5: 39.960 ptas.

-Lote nº 6: 34.000 ptas.

Licitando ós seis lotes: 1.054.120 ptas. (6.335,39 euros).

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ó textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego. E no anexo II.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do 2000.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimiento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc.: ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, do contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo, etc.: ata 25 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, cumprimento ISO9000, etc.: ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes. Admítese a presentación de variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio da información previa do 11 de xuño de 1999.

17. Data de envío do anuncio: 25 de novembro de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos