Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se corrixen erros na convocatoria da poxa de madeira 2/1999.

Advertidos erros na Resolución do 19 de setembro de 1999 pola que se fai pública a convocatoria da poxa de madeira 2/1999, publicada no DOG número 223, do 18 de novembro de 1999,

DISPOÑO:

1º. Corrixir na páxina 13.608 as taxas correspondentes ó expediente 99220 da seguinte maneira: onde di: «3.375 ptas.», debe dicir: «24.111 ptas.».

2º. Este anuncio non supón alteración dos prazos indicados nos puntos 4 e 7 da resolución corrixida. A data de presentación de plicas é o día 14 de decembro de 1999 e a data de apertura de proposicións é o día 27 de decembro de 1999.

A Coruña, 18 de novembro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña