Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto, para a contratación do servicio de redefinición do Sistema Informático de Xestión da Formación Ocupacional (Sifo).

Advertido erro na citada resolución, remitida para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, número 229, do 26 de novembro de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 13.976, no encabezamento, onde di: «Resolución do 19 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto, para a contratación do servicio de redefinición do Sistema Informático de Xestión da Formación Ocupacional (Sifo)», debe dicir: «Resolución do 19 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto, para a contratación do servicio de redefinición do Sistema Informático de Xestión da Formación Ocupacional (Sifo)».

-Na páxina 13.976, punto 1.b), onde di: «Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación», debe dicir: «Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.».

-Na páxina 13.977, punto 5, onde di: «Definitiva: non se esixe», debe dicir: «Definitiva: 4% do orzamento de licitación.».

-Na páxina 13.977, na sinatura da resolución, onde di: «J. Jaime López Cossío-director xeral de Formación e Colocación», debe dicir: «Javier Batán Rodríguez-secretario xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.».

NOTA: os prazos ós que se alude na resolución empezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección de erros.