Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións na orde social 57 e 68/1999.

Notifícaselles, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral e seguridade, hixiene e saúde laboral); a súa contía e número cítanse a seguir:

Empresa: Piedregal.

NIF: A-28117133.

Nº expediente: 57/1999.

Contía: 251.000 ptas.

Empresa: Construc. Constantino García González, S.L.

NIF: B-27022433.

Nº expediente: 68/1999.

Contía: 0 ptas.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso ordinario, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, haberá que aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta de sancións 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, xa que, noutro caso, se

procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

Lugo, 5 de novembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo