Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, por delegación de atribucións segundo a Orde do 15 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Amoblamento do Centro Sociocultural, Xuvenil e da 3ª Idade, Redondela (Pontevedra).

Adxudicatario: Tecam Oficinas, S.A.

Orzamento de adxudicación: 11.172.717 ptas.

-Amoblamento do Centro Sociocultural, Xuvenil e da 3ª Idade en Chapela, Redondela (Pontevedra).

Adxudicatario: Tecam Oficinas, S.A.

Orzamento de adxudicación: 10.428.688 ptas.

-Amoblamento das axencias de lectura municipais de Queiruga (Porto do Son) Berdeogas (Dumbría), Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra (A Coruña) e Vilariño de Conso (Ourense).

Adxudicatario: Tecam Oficinas, S.A.

Orzamento de adxudicación: 3.348.300 ptas.

-Reposición de cubertas, impermeabilizacións, restauración de fábricas e vidreiras na catedral de Lugo.

Adxudicatario: Resconsa, S.A.

Orzamento de adxudicación: 75.200.000 ptas.

-Restauración de cuberta, supresión de humidades, limpeza de reparación de fábricas na catedral de Mondoñedo (Lugo).

Adxudicatario: Tuconsa, S.A.

Orzamento de adxudicación: 56.994.001 ptas.

-Rehabilitación da Vía Nova entre a Ponte Nova e a Pala Falsa no parque da Baixa Limia, Serra do Xurés, Lobios (Ourense).

Adxudicatario: Neor, S.A.

Orzamento de adxudicación: 38.520.000 ptas.

-Restauración da igrexa de Penamaior (II fase) Becerreá, Lugo.

Deserto.

-Restauración de garita de vixilancia no pazo dos Condes de Gondomar (Gondomar, Pontevedra).

Adxudicatario: Clar Rehabilitación.

Orzamento de adxudicación: 7.847.752 ptas.

-Restauración e consolidación estructural da Torre dos Moreno (fase II), Ribadeo, Lugo.

Deserto.

-Vivenda para garda e edificio de recepción-administración na illa de San Simón (Redondela, Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Antonio Varela Villamor, S.L.

Orzamento de licitación: 32.803.986 ptas.

-Edición de mil exemplares da publicación Camilo Otero.

Adxudicataria: Permuy Asociados, Diseño Comunicación.

Orzamento de adxudicación: 5.630.000 ptas.

-Edición de 1.500 exemplares de cada un dos volumes VI e VII das Actas das Xuntas do Reino de Galicia.

Adxudicatario: Araceli Suárez Faraldo.

Orzamento de adxudicación: 11.650.000 ptas.

-Rehabilitación da igrexa de Santo Estevo (A Rúa, Ourense).

Deserto.

-Adquisición dunha máquina reintegradora de papel automática con destino ó Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

Adxudicatario: Stem, S.L.

Orzamento de adxudicación: 2.692.200 ptas.

-Traballos de restauración das pinturas murais romanas da escavación arqueolóxica Cam'98 , Cambre, A Coruña.

Adxudicataria: Sinopia, S.L.

Orzamento de adxudicación: 2.482.400 ptas.

-Organización do curso Talleres 99. Método e proxecto: entre a análise, a praxe e a verificación.

Adxudicatario: Aprexco Santiago.

Orzamento de adxudicación: 10.887.180 ptas.

-Realización dos traballos previos á restauración do viaducto de Madrid (Redondela, Pontevedra).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento de adxudicación: 32.129.000 ptas.

-Remate e acondicionamento final para a posta en funcionamento do Teatro Coliseo Noela (A Coruña).

Adxudicatario: Stonex, S.A.

Orzamento de adxudicación: 56.694.258 ptas.

-Iluminación do adarve, escaleiras orixinais, accesos e portas e restauración dos cubos XIII, XIV da muralla romana de Lugo.

Adxudicatario: Resconsa.

Orzamento de adxudicación: 109.554.405 ptas.

-Intervención integral no coro alto da igrexa de Santa María de Montederramo, 2ª fase (A e B), Montederramo, Ourense.

Adxudicatario: Tuconsa.

Orzamento de adxudicación: 44.133.000 ptas.

-Rehabilitación do Pazo de Lourizán, Herbalonga, Lourizán (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Antonio Varela Villamor.

Orzamento de adxudicación: 40.870.169 ptas.

-Rehabilitación do edificio para cursos e seminarios. Illa de San Simón (Redondela, Pontevedra).

Adxudicatario: UTE Indeza, S.L. e Construcciones Conde.

Orzamento de adxudicación: 177.961.956 ptas.

-Restauración do conxunto catedralicio de Tui (Pontevedra).

Adxudicatario: Neor, S.A.

Orzamento de adxudicación: 55.732.201 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1999.

P.D. (Orde do 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo