Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.257

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 307/1999, do 11 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en estética persoal decorativa.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 630/1995, do 21 de abril, establece o título de técnico en estética persoal decorativa e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do Título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de novembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en estética persoal decorativa, regulado polo Real decreto 630/1995, do 21 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no número 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no número 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de novembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: estética persoal decorativa.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico ou técnica son:

* Aplicar coidados estéticos e técnicas de estética persoal decorativa.

* Asesora-la clientela no seu ámbito de competencia.

* Presentar e promocionar productos, utensilios e aparellos de uso en beleza.

* Administrar, xestionar e organizar un salón de beleza.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Elimina-la peluxe por procedementos mecánicos ou decolorala utilizando os productos apropiados, segundo as características da clientela.

* Seleccionar e aplicar técnicas de estética á hixiene facial e corporal, dispondo os medios técnicos necesarios, en función das características da clientela.

* Realiza-las operacións técnicas necesarias para maquilla-lo rostro e/ou o corpo da clientela en función das súas necesidades/demandas, efectuando as correccións ópticas necesarias, seleccionando, combinando e aplicando productos cosméticos decorativos, de distintas texturas e cores, mediante o manexo destro de utensilios para obte-lo efecto pretendido.

* Proporcionar coidados específicos ás mans e ós pés da clientela e maquilla-las súas uñas en función das súas características anatomo-fisiolóxicas e das súas demandas.

* Aplicar e esculpir próteses de uñas e realiza-las operacións técnicas necesarias para o mantemento das próteses en óptimas condicións durante o tempo desexado.

* Selecciona-los productos e realiza-las operacións fisicoquímicas básicas necesarias para a súa utilización na execución das técnicas que son da súa competencia.

* Interpretar información técnica, elaborar e transmitir información verbal ou escrita a clientes, médicos e outros profesionais.

* Manexar utensilios e aparellos de forma destra e pulcra optimizando o rendemento no traballo e garantindo as condicións de seguridade e hixiene durante a prestación do servicio.

* Intervir na promoción e venda de productos, de utensilios, de accesorios e de aparellos de uso en beleza, tanto a clientes como a outros profesionais, asesorando sobre as características e propiedades, así como sobre a súa correcta utilización.

* Mante-las instalacións e medios técnicos do establecemento en óptimas condicións de seguridade e hixiene.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Resolver problemas e tomar decisións individuais, no ámbito da súa competencia.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Asesora-la clientela sobre productos cosméticos para maquillaxe, ofrecendo pautas para a súa aplicación na automaquillaxe.

* Establecer, xestionar, organizar e rendibilizar un salón de beleza ou empresa de asesoría e venda de productos, utensilios e aparellos de uso en beleza, cumprindo a normativa legal vixente e planificando as actividades segundo criterios deontolóxicos, de eficacia e de imaxe empresarial.

* Intervir activamente en procesos de decisión de forma creativa e positiva, desenvolvendo un espírito crítico e constructivo e achegando solucións alternativas.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Atender permanentemente a clientela durante a súa estadía no salón de beleza e relacionarse con eles con fluidez e corrección.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico ou técnica, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* A creación, xestión, planificación e dirección do seu propio negocio, coordinando, se é o caso, as tarefas e funcións do persoal ó seu cargo.

* O exercicio e actividades xerais derivadas da atención permanente ó cliente e da prestación de servicios nun salón de beleza.

* A demostración, asesoramento e venda de productos, utensilios e aparellos de uso en beleza, tanto a clientes como a outros profesionais.

* A depilación por procedementos mecánicos.

* A decoloración da peluxe.

* A limpeza superficial e profunda da pel do rostro e o corpo.

* A realización de maquillaxes personalizadas.

* Os cambios permanentes na forma e na cor das pestanas e cellas.

* Manicura, pedicura e tratamentos estéticos específicos para mans e pés.

* A escultura e aplicación de próteses de uñas.

* A realización de maquillaxes de fantasía e maquillaxes para fotografía, cine, teatro e televisión.

* A xestión e administración da empresa.

2.4. Unidades de competencia:

1. Elimina-la peluxe por procedementos mecánicos ou decolorala para camuflala.

2. Aplicar técnicas de estética á hixiene facial e corporal.

3. Realizar maquillaxes adaptadas á clientela e ás circunstancias en que se lucirá.

4. Realizar tratamentos estéticos específicos a mans e pés, aplicar técnicas de manicura, pedicura, escultura e aplicación de próteses de uñas.

5. Realizar operacións de venda de productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en beleza e de prestación de servicios no ámbito da estética persoal.

6. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: elimina-la peluxe por procedementos mecánicos ou decolorala para camuflala:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Avaliar, mediante o estudio das características da zona pilosa, se é conveniente aplicar técnicas de depilación ou de decoloración da peluxe, optando en caso positivo, por unha de elas.* O proceso que se vai realizar (decolorar ou depilar) determínase en función do grosor, lonxitude, características anatomofisiolóxicas e sensibilidade da zona de implantación da peluxe.
* Os datos obtidos na enquisa ó cliente e no estudio da zona rexístranse na ficha técnica correspondente.
* A técnica que se vai utilizar selecciónase en función dos datos obtidos no estudio da zona e da demanda da clientela.
* Os clientes que presentan indicios de problemas circulatorios (varices, telanxectasias, úlceras, frieiras) son remitidos á consulta médica.
* Téñense en conta as indicacións do facultativo na determinación do proceso para seguir.
* A zona anatómica que se vai tratar queda claramente delimitada.

RealizaciónsCriterios de realización

1.2.Disimula-la existencia da peluxe decolorándoa mediante a utilización de productos cosméticos, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* A clientela é acomodada, protexida e colocada na posición anatómica conveniente, en función da zona que se vai tratar e da técnica seleccionada.
* A concentración e o tempo de actuación dos productos cosméticos decolorantes determínanse en función da sensibilidade da pel da clientela e das características da peluxe.
* Os productos cosméticos decolorantes son preparados, segundo as concentracións definidas, en función das necesidades da técnica e atendendo ás indicacións do laboratorio fabricante.
* Compróbase que o material que compón os utensilios e recipientes cos que se preparan e manipulan os productos decolorantes é inerte fronte ós productos oxidantes.
* A proba de sensibilidade realízase con anterioridade á decoloración e téñense en conta os seus resultados para a personalización da técnica.
* A zona que se vai tratar está limpa e preparada para a aplicación dos productos decolorantes.
* O producto decolorante queda homoxeneamente distribuído no sentido de crecemento da peluxe e a súa aplicación limítase á zona previamente determinada.
* A evolución do proceso de decoloración contrólase periodicamente, durante o tempo de actuación dos productos cosméticos decolorantes.
* Cando se producen reaccións inesperadas ou adversas, procédese á limpeza inmediata da pel.
* O tempo de exposición ó producto decolorante determínase en función da sensibilidade cutánea da clientela e do efecto pretendido.
* O cosmético decolorante é completamente retirado utilizando soportes (gasas, algodón, esponxas, toallas) impregnados en auga, en función da extensión da zona tratada.
* Os productos utilizados despois da decoloración (desconxestionantes ou hidratantes) son seleccionados en función das condicións da pel tratada.

1.3.Elimina-la peluxe por procedementos mecánicos mediante a utilización de técnicas de estética, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* A selección dos aparellos para quenta-la cera realízase en función da modalidade elixida para executa-la técnica.

* Compróbase que a cera está fundida, á temperatura prevista, e lista para o seu uso no contedor do aparello eléctrico.

* A clientela é acomodada, protexida e colocada na posición anatómica conveniente, en función da zona que se vai depilar e da modalidade de aplicación elixida.
* Compróbase que a zona que se vai depilar está limpa, seca e preparada para recibi-la cera e, en caso contrario, procédese á limpeza e secado da pel.
* Os utensilios para aplica-la cera son seleccionados en función da extensión da zona que se vai depilar.
* A cera é aplicada seguindo o sentido de crecemento da peluxe, en bandas de grosor homoxéneo e suficiente para resisti-la tracción sen romperse.
* A cera é retirada por tracción homoxénea e rápida, en sentido contrario ó do crecemento da peluxe, utilizando os accesorios adecuados, segundo o modo de aplicación utilizado.

RealizaciónsCriterios de realización

* O estado da pel da clientela e o resultado da depilación son avaliados, determinando a necesidade de repeti-lo proceso total ou parcialmente.
* En caso necesario, a depilación é completada por extracción da peluxe residual mediante pinzas.
* Os productos para despois da depilación son seleccionados en función das condicións da pel unha vez tratada.
* En caso de accidente, aplícanselle ó accidentado os primeiros auxilios e, en caso necesario, procédese ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.
* Realízanse as operacións de mantemento de uso dos equipos utilizados na depilación mecánica, atendendo ás especificacións da súa ficha técnica.
* Tódolos materiais e productos de refugallo son eliminados en condicións de seguridade e hixiene adecuadas, minimizando o risco de contaminación.

1.4.Informar/asesora-la clientela sobre o proceso de depilación ou decoloración da peluxe e sobre os coidados que debe prestar á súa pel para mantela posteriormente en óptimas condicións.* Infórmase a clientela sobre as operacións técnicas que se lle van realizar e sobre o resultado que é razoable esperar delas.

* A clientela é informada e asesorada sobre a periodicidade con que se debe someter ó tratamento e os coidados que debe prestar á súa pel para mantela en condicións óptimas trala depilación ou decoloración.

* A clientela é asesorada sobre a utilización de productos cosméticos idóneos para seren aplicados á súa pel trala depilación ou decoloración da peluxe, mantendo a súa pel en óptimas condicións.
* Asesórase a clientela sobre a utilización de productos cosméticos que prolongan e potencian o efecto da depilación.
* Indícanselle á clientela as precaucións que debe gardar trala depilación ou decoloración para evitar reaccións adversas: fotosensibilidade, infeccións, irritacións por contacto.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Ficha técnica da clientela, soportes informáticos, probeta, balanza, cronómetro, utensilios e recipientes non metálicos para preparación e manipulación de cosméticos decolorantes (cuncas, espátulas), pinzas e luvas de crina, sofá reclinable ou cama, mesa auxiliar, lencería (cinta para recolle-lo cabelo, bata, toallas, lenzos), luvas, soportes para impregnar (gasas, algodón, esponxas, toallas), bandas de tea ou papel, productos cosméticos (decolorantes-oxidantes: peróxido de hidróxeno e persais-, pos de talco, desconxestionantes, hidratantes, cera), auga, productos específicos para limpeza e esterilización dos distintos materiais, aparellos eléctricos para quenta-la cera (fundidor, aparello eléctrico de rodete, esterilizadores (de radiación ultravioleta e autoclave).

-Resultados obtidos:

Peluxe decolorada ou eliminada.

-Procesos, métodos e procedementos:

Proba de sensibilidade. Técnica de decoloración da peluxe, operacións fisicoquímicas para a preparación dos productos decolorantes e depilatorios. Técnicas de depilación con cera e con pinzas.

-Información utilizada e/ou xerada:

Ficha técnica da clientela. Prescricións e informes médicos dirixidos ó esteticista. Información técnica de productos e aparellos. Protocolos de atención ó cliente. Manuais de primeiros auxilios. Bibliografía técnica especializada.

-Persoal destinatario:

Clientes e outros profesionais.

2.5.2. Unidade de competencia 2: aplicar técnicas de estética á hixiene facial e corporal:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Determina-la técnica que se vai aplicar en función das demandas da clientela e do estado da súa pel.* Os datos sobre grosor da capa córnea, grao de hidratación e sensibilidade cutánea obtidos, tanto do exame visual da pel como da súa observación coa lupa ou luz de Wood, reflíctense na ficha técnica da clientela.
* As preguntas formuladas son claras e precisas e permitirán obte-los datos que son de interese para a selección da técnica (persoais, observacións médicas e demandas da clientela), e as respostas anótanse debidamente na ficha técnica da clientela.
* Selecciónase a técnica mediante a análise dos datos reflectidos na ficha técnica da clientela actualizada.

2.2.Seleccionar e prepara-lo material e productos necesarios para a realización do proceso, en función da técnica definida.* Compróbase que a cabina que se vai utilizar está en orde e cumpre as condicións ambientais óptimas: luz, temperatura, ventilación e música.
* Selecciónanse os productos e aparellos necesarios para a realización do proceso en función das técnicas que se van aplicar.
* Todo o material (útiles, aparellos e accesorios) e productos necesarios para executa-la técnica, están ordenados de forma que facilitan a súa elección e manexo.
* Sempre que sexa posible, óptase por material dun só uso ou de uso exclusivo para cada cliente.

2.3.Manter en condicións hixiénico-sanitarias adecuadas as instalacións e os medios materiais necesarios para a execución técnica.* Unha vez utilizado, todo o material dun só uso, así como os productos de refugallo, son colocados nos contedores correspondentes e posteriormente eliminados minimizando o risco de posibles contaminacións.
* Os productos cosméticos están dispostos en doses individualizadas de acordo coas necesidades da clientela.
* Os métodos e productos para a limpeza, desinfección e esterilización de aparellos, utensilios e accesorios son seleccionados e, se é o caso, aplicados, en función do material que os compón e do uso ó que se destinan.

2.4.Aplicar técnicas de estética para a hixiene facial superficial, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas.* A clientela é informada claramente sobre as fases do proceso que se lle vai realizar.

* A clientela é acomodada, protexida e colocada na posición anatómica conveniente, en función da zona que se vai tratar e da técnica seleccionada.

RealizaciónsCriterios de realización

* A zona periocular é desmaquillada con productos específicos e soportes adecuados, seguindo unha traxectoria que describe círculos: na pálpebra superior, do ángulo interno ó externo e, na inferior, do externo ó interno.
* As pestanas son desmaquilladas con soporte impregnado en producto específico, seguindo o sentido do seu crecemento, e compróbase que non quedan rastros de maquillaxe.
* A desmaquillaxe dos beizos é realizada con soporte impregnado en producto específico, seguindo a dirección do orbicular da boca e mantendo fixas as comisuras labiais.
* No resto do rostro, pescozo e escote, o producto desmaquillador aplícase de forma homoxénea, coa xema dos dedos, ata fundirse coa emulsión epicutánea.
* A eliminación dos productos cosméticos desmaquilladores realízase mediante arrastre con soporte impregnado en auga morna, describindo idénticas traxectorias que para a aplicación dos productos desmaquilladores.
* A tonificación realízase sobre a pel seca, mediante soporte impregnado no producto tonificante, respectando as zonas orbiculares dos ollos.

2.5.Aplicar técnicas de estética para a hixiene exhaustiva facial e corporal, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas.* Realízase a exfoliación mecánica e/ou química en función dos requirimentos da técnica, da forma cosmética do producto e das condicións da pel, atendendo ás indicacións e pautas de utilización de productos e aparellos.
* Compróbase que non quedan restos do producto exfoliante sobre a pel.
* O valor dos parámetros que definen o efecto dos aparellos que interveñen no tratamento (tensión de saída e tempo), así como o modo de emisión, son calculados e programados en función da sensibilidade da zona que se vai tratar e do método de aplicación que se utiliza.
* Na técnica de brossage, a velocidade de xiro do cepillo e a súa dureza son seleccionados en función do efecto pretendido e o tamaño do cepillo é seleccionado en función da zona que se vai tratar.
* Na aplicación de corrente de alta frecuencia, o tamaño dos electrodos selecciónase en función dos requirimentos da técnica (masaxe indirecta, aplicación directa ou chispeada) e da zona que se vai tratar.
* Compróbase, antes da utilización do aparello de alta frecuencia, que os productos utilizados non desprenden vapores inflamables.
* Na técnica de masaxe indirecta, as mans non perden en ningún momento contacto coa pel da clientela mentres esta sostén o electrodo.
* Os electrodos sitúanse e desprázanse en función dos requirimentos da técnica e do efecto pretendido.
* Prográmanse e utilízanse os aparellos emisores de productos ou radiacións que favorezan a extracción de espiñas, tendo en conta as especificacións da técnica e o estado da pel da clientela.
* As espiñas extráense mecanicamente, en condición hixiénico-sanitarias adecuadas tanto para a clientela como para o profesional.
* Os pases da masaxe facial execútanse de forma secuenciada, de acordo coas especificacións da técnica empregada.

RealizaciónsCriterios de realización

* En caso de accidente aplícanselle ó accidentado os primeiros auxilios e, se é necesario, procédese ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.
* Compróbase que a clientela queda satisfeita do servicio prestado e do trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-lo resultado ós desexos da clientela.

2.6.Promover hábitos de vida saudable na clientela e asesorala sobre os coidados que debe prestar á súa pel para mantela en óptimas condiciones, prolongando e optimizando os resultados obtidos.* Explícaselle á clientela a importancia da adquisición de bos hábitos de hixiene persoal destacando a súa incidencia no aspecto da pel.

* Infórmase a clientela da importancia do consumo dunha dieta equilibrada pola súa repercusión no aspecto da pel (cor, elasticidade, textura, outros) e as alteracións con repercusión estética que poden produci-los desequilibrios na dieta.

* A clientela é informada e asesorada sobre a aplicación de productos cosméticos adecuados ás características da súa pel para potencia-los resultados obtidos e mantela en condicións óptimas durante o maior tempo posible.
* A clientela é asesorada sobre pautas de vida saudables con especial incidencia no estado da pel, destacando a influencia dos factores ambientais e do tipo de vida.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Ficha técnica e soportes informáticos, lupa, cepillos manuais, espátulas, recipientes para productos, aparellos eléctricos (lámpada de luz de Wood, aparello emisor de vapor e/ou vapor ozono, aparello emisor de correntes de alta frecuencia, aparello de cepillos rotatorios), accesorios (electrodos e cepillos de distintos tipos), lencería (cinta para suxeita-lo cabelo, toallas, bata, lenzos), luvas, máscaras de protección, productos cosméticos nas súas distintas formas (desmaquilladores específicos -para ollos, beizos e rostro-, exfoliantes, tonificantes, astrinxentes, emolientes, hidratantes, reafirmantes), productos específicos para a limpeza, desinfección e esterilización dos distintos materiais utilizados no proceso, aparellos para esterilización por medios físicos (esterilizador por radiacións ultravioletas e autoclave), soportes para impregnar (gasas, algodón, esponxas, toallas).

-Resultados obtidos:

Limpeza superficial e profunda da pel da cara e do corpo.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de limpeza da cute, técnicas de exfoliación, técnicas de desinfección e esterilización do material.

-Información utilizada e/ou xerada:

Ficha técnica da clientela, prescricións e informes médicos dirixidos ó esteticista, fichas técnicas de aparellos, información técnica dos productos, protocolo de atención ó cliente, manuais de primeiros auxilios, informes dirixidos a médicos. Bibliografía científico-técnica especializada.

-Persoal destinatario:

Clientes, médicos e outros profesionais.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realizar maquillaxes adaptadas á clientela e ás circunstancias en que se lucirá:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Estudia-lo aspecto físico da clientela detectando os puntos que se van resaltar ou corrixir visualmente, determinando e integrando as distintas técnicas que se utilizarán nunha maquillaxe personalizada.* No estudio da clientela tense en conta o seu aspecto físico en canto a peiteado, indumentaria, maquillaxe, uso de gafas ou lentes de contacto.

* Detéctanse as desproporcións e asimetrías do rostro da clientela, por comparación cos patróns de beleza actuais.

* No estudio visual do rostro detéctanse os aspectos susceptibles de mellora: imperfeccións, tipo, cor e ton da pel que se vai maquillar.
* Defínese a secuencia coa que deben realizarse as correccións ópticas do rostro, en función dos datos obtidos no estudio do rostro da clientela e do tipo de maquillaxe que se vai realizar.
* A entrevista permite coñecer datos sobre a demanda ou as necesidades da clientela.
* Tódolos datos relevantes obtidos no estudio da clientela son debidamente reflectidos na ficha técnica de maquillaxe.

3.2.Seleccionar e prepara-los productos e materiais necesarios para a realización da maquillaxe, en función das técnicas definidas.* A selección de formas cosméticas e texturas dos productos é realizada en función do tipo de pel, da maquillaxe que se pretende realizar e das circunstancias en que se lucirá.
* As cores son seleccionadas atendendo ó ton da pel, ollos e cabelo, á indumentaria que a clientela utilizará e ó tipo e nivel de iluminación baixo a que se lucirá.
* Os utensilios son seleccionados e preparados en función das formas cosméticas que se utilizan, do modo de aplicación e dos resultados pretendidos.
* Tódolos productos e materiais necesarios para executa-la técnica están dispostos de modo que faciliten a súa elección e utilización.

3.3.Aplica-las técnicas de maquillaxe, adaptándoas a cada cliente, para a consecución dun resultado harmónico.* A clientela é acomodada na posición anatómica adecuada e a súa pel está limpa e preparada para as operacións de maquillaxe.
* A técnica de aplicación dos productos determínase en función das súas formas cosméticas e do resultado pretendido.
* Conséguese disimula-los trazos antiestéticos mediante a aplicación de productos cosméticos decorativos.
* As correccións efectuadas producen o efecto óptico pretendido: iluminar, sombrear, salientar ou camuflar.
* Aplícanse os productos cosméticos decorativos, segundo a fisionomía da clientela, potenciando as características favorables da súa pel e os trazos positivos do seu rostro.
* Os productos cosméticos utilizados quedan fixos sobre a superficie da pel, prolongando o resultado da maquillaxe.
* O fondo de maquillaxe é batido ata fundirse coa propia pel á que proporciona un aspecto homoxéneo.
* A harmonía cromática da maquillaxe é conseguida realizando as mesturas de cores necesarias.
* As pestanas quedan separadas trala aplicación da máscara.

RealizaciónsCriterios de realización

* Aplícanse os productos cosméticos adhesivos necesarios para fixa-los postizos e as pestanas ó bordo ciliar, completas ou en grupos, proporcionando un aspecto natural.
* Prepáranse as cellas mediante a aplicación de productos, masaxe ou vapor para unha depilación menos dolorosa.
* A depilación das cellas realízase con pinzas, mediante tracción no sentido de crecemento do pelo.
* Maquíllanse as cellas seguindo ou corrixindo a súa liña natural, segundo os manuais técnicos de correccións, mediante o trazado de liñas que simulan pelo natural.
* A aplicación de tódolos productos cosméticos decorativos realízase de acordo coas necesidades da técnica.
* Compróbase que a clientela está satisfeita co servicio prestado e co trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-los resultados obtidos ás necesidades e demandas da clientela.

3.4.Cambiar, de modo permanente, a forma e a cor de pestanas e cellas, mediante a aplicación de tinturas e onduladores, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* Realízase a proba de sensibilidade ós productos colorantes e onduladores con suficiente antelación e téñense en conta os seus resultados para a personalización da técnica.
* A clientela está acomodada e colocada na posición anatómica adecuada para a aplicación da técnica, cos seus ollos protexidos para minimiza-lo risco de posibles accidentes.
* Realízanse as operacións fisicoquímicas necesarias para a preparación dos productos, en función dos requirimentos técnicos, atendendo ás especificacións do laboratorio fabricante.
* Determínase o tempo de actuación dos productos cosméticos para cada técnica e modifícase en función da evolución do proceso: tinguidura ou cambio permanente de forma.
* O tamaño dos moldes utilizados no rizado e desrizado selecciónase en función da zona pilosa que se vai tratar: cellas ou pestanas.
* A colocación e fixación dos moldes realízase trala aplicación de cosméticos adhesivos específicos á base do pelo das pestanas e cellas.
* Aplícanse os productos cosméticos necesarios para a execución da técnica sobre a zona que se vai tratar, homoxeneamente, atendendo ás peculiaridades da clientela e ás especificacións de uso feitas polo fabricante, coas precaucións que require a manipulación das zonas perioculares.
* Os productos, moldes e protectores son retirados, ó finaliza-lo proceso, mediante utensilios e soportes impregnados en productos cosméticos específicos.
* En caso de accidente ou reacción de sensibilidade ós productos, aplícanselle ó accidentado os primeiros auxilios e, en caso necesario, trasládase, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.
* Compróbase que a clientela está satisfeita do servicio prestado e do trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-lo resultado ós desexos da clientela.

RealizaciónsCriterios de realización

3.5.Realizar maquillaxes personalizadas especiais para fotografía, cine, teatro e televisión, en función das condicións especiais do medio no que se lucirán.* Selecciónanse as formas, texturas e cores dos productos en función das características da pel da clientela e das do medio en que será lucida a maquillaxe: iluminación, temperatura, humidade, tipo de plano, filmación ou fotografía en branco e negro ou a cores.
* A maquillaxe queda fixa e realízanse os retoques necesarios para prolonga-la súa fixación evitando brillos, dispersión da cor e efectos da transpiración.
* A maquillaxe realizada non presenta as características dunha maquillaxe especial, observada baixo as condicións peculiares do medio: cine, teatro, fotografía, televisión.

3.6.Realizar maquillaxes faciais e corporais de fantasía, en función do deseño previamente realizado, optimizando as condicións de seguridade e hixiene.* A clientela é acomodada e colocada na posición anatómica idónea, en función da zona que se vai maquillar.

* A maquillaxe deséñase en función das características anatómicas e da extensión da zona que se pretende maquillar, definindo a harmonía cromática mediante a combinación e aplicación dos tons de cor sobre o bosquexo.

* As formas cosméticas dos productos, os accesorios e as técnicas de aplicación, son seleccionados en función do deseño realizado.
* As mesturas de cores para obte-los tons desexados realízanse de acordo cos principios da teoría da cor.
* Na selección e aplicación das cores tense sen conta, en canto á saturación, matiz, ton e brillo, o ton base da pel, a viraxe da cor producida polas interaccións da emulsión epicutánea cos productos cosméticos colorantes e os efectos dos diferentes tipos de iluminación sobre a percepción das cores aplicadas.
* Os productos e accesorios son aplicados de forma secuenciada, segundo o procedemento da técnica e en condicións de seguridade e hixiene adecuadas.
* O resultado final da maquillaxe é pulcro, responde ó deseño realizado e mantense sobre a pel en óptimas condicións durante o tempo previsto.
* Tódolos medios técnicos quedan limpos trala súa utilización, desinfectados e/ou esterilizados e listos para un novo uso.

3.7.Informar e asesora-la clientela, en función das súas necesidades, sobre aspectos relacionados co mantemento dos efectos obtidos mediante a aplicación das técnicas de estética decorativa.* A clientela é informada, en liñas xerais, do tipo de maquillaxe que se lle vai realizar, destacando os efectos que a súa execución producirá sobre a súa imaxe persoal.

* A clientela é informada e asesorada sobre os efectos positivos que producen na súa imaxe certos cambios de cor e de forma nas pestanas e cellas, resaltando as vantaxes que presenta a súa tintura e a súa ondulación ou desrizado permanentes.

* A clientela é informada sobre a periodicidade coa que debe someterse ó proceso de cambios permanentes de cor e de forma en pestanas e cellas, para mante-los efectos obtidos.
* A clientela é informada e asesorada sobre os productos cosméticos decorativos e as formas cosméticas idóneas, ofrecendo pautas para a súa correcta aplicación.
* Proporciónanselle á clientela pautas para a automaquillaxe, en función da súa fisionomía e necesidades.

RealizaciónsCriterios de realización

* Asesórase a clientela sobre a forma correcta de realiza-los retoques necesarios na súa maquillaxe para prolonga-la duración en óptimas condicións.
* Asesórase a clientela sobre a forma de realizar retoques na depilación das cellas, sen modifica-lo deseño profesional realizado.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Ficha de cliente e soportes informáticos, utensilios (esponxas, pinceis, brochas, borlas, panos de papel, paoíños de algodón, pulverizadores, pao de laranxeira, paletas, afialapis, pinzas, rizador de pestanas), sofá ou cama, mesa auxiliar, lencería (cinta para suxeita-lo cabelo, bata, lenzos, toallas), productos decorativos en tódalas súas formas cosméticas (fondo de maquillaxe, correctores, sombras, delineadores, máscara de pestanas, rubores, labiais, fixadores e matizadores, abrillantadores, iluminadores), productos cosméticos onduladores e colorantes para pestanas e cellas, productos protectores e adhesivos, accesorios (moldes, pestanas postizas, quincalla e outros adornos para a maquillaxe de fantasía), material de debuxo para realización de bosquexos.

-Resultados obtidos:

Maquillaxes personalizadas para cada cliente segundo as súas necesidades. Maquillaxes especiais para espectáculos e para medios de comunicación. Maquillaxes de fantasía. Cellas e pestanas tinguidas e permanentadas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnica de realización de correccións, técnicas de maquillaxe, técnica de ondulación permanente e tintura de pestanas e cellas, técnica de mestura de cores, técnica de aplicación de pestanas postizas, técnica de depilación de cellas, técnica de aplicación de fantasías á maquillaxe, técnicas de maquillaxe para espectáculos e medios de comunicación.

-Información utilizada e/ou xerada:

Ficha técnica da clientela, información técnica sobre os productos, manuais de maquillaxe, protocolos de atención ó cliente, manuais de primeiros auxilios. Bibliografía técnica especializada.

-Persoal destinatario:

Clientes, canles de televisión, productoras de teatro e cine, fotógrafos e outros profesionais.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realizar tratamentos estéticos específicos a mans e pés, aplicar técnicas de manicura, pedicura, escultura e aplicación de próteses de unllas:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Defini-los procesos técnicos que se van realizar, estudiando as características das mans e os pés da clientela e en función das súas demandas ou necesidades.* Realízase o estudio da morfoloxía de mans e pés, estado das uñas e das cutículas e textura da pel, detectando as posibles alteracións estéticas que inflúen na determinación do tratamento estético específico que debe ser aplicado.
* En caso de observar indicios de patoloxía ou posibles anomalías que transcendan o ámbito de competencia da estética, remítese a clientela á consulta médica.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os procedementos e as técnicas para levar a cabo os procesos determinados son seleccionados en función dos resultados do estudio efectuado sobre a clientela e das súas demandas.

4.2.Seleccionar e prepara-lo material necesario para a aplicación de tratamentos estéticos específicos de mans e pés e de técnicas de manicura e pedicura, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* Selecciónanse e aplícanse ós utensilios e accesorios os métodos e técnicas de limpeza, desinfección e esterilización, en función do material que os compón e do uso ó que están destinados.
* Protéxense os utensilios dos golpes e da acción dos axentes químicos e ambientais, optimizando as súas condicións de conservación.
* A selección de utensilios e productos cosméticos de hixiene, decorativos, de mantemento, de protección e de tratamento para mans e pés, realízase en función da técnica que se aplica e das necesidades ou preferencias da clientela.
* Compróbase que os productos cosméticos están en bo estado e conservan as propiedades fisicoquímicas e organolépticas que os fan idóneos para a súa aplicación.
* Compróbase que tódolos aparellos de manicura e pedicura e os seus accesorios están en perfectas condicións de uso e, en caso contrario, procédese a realiza-las operacións necesarias para optimiza-las condicións hixiénico-sanitarias na súa utilización e a súa correcta resposta ós requirimentos da técnica.
* Tódolos aparellos utilizados nos tratamentos específicos de mans e pés son programados en función da técnica que se vai executar e da sensibilidade da clientela.

4.3.Aplicar técnicas de manicura e pedicura, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* A clientela é acomodada e colocada na posición anatómica conveniente e está protexida, en función do proceso que se vai realizar (manicura ou pedicura) e do tipo de técnicas que se van utilizar.
* A técnica para realiza-la manicura e a pedicura selecciónase en función das características morfolóxicas de mans, pés e uñas da clientela, así como das súas demandas.
* Detéctanse na clientela indicios de patoloxía nas uñas, zona próxima ou pel de mans e pés, remítese á consulta médica.
* A desmaquillaxe das uñas realízase eliminando a totalidade da laca por arrastre e disolución mediante soporte impregnado en producto cosmético específico.
* No limado de unllas, a lima desprázase polo contorno do bordo libre describindo unha traxectoria que parte da canle periungueal cara ó centro do bordo libre, sen diminuí-lo grosor da lámina ungueal, ata obte-la lonxitude e forma previamente definida.
* As durezas e rugosidades da pel son eliminadas por abrasión mediante a utilización de productos cosméticos exfoliantes e/ou de accesorios abrasivos habituais.
* Aplícanse os productos cosméticos branqueadores na canle subungueal sen dana-la capa córnea.
* A cutícula é retirada, con pao de laranxeira, suavemente e sen danala, en sentido contrario ó do seu crecemento.
* A superficie da lámina ungueal é pulida, en caso necesario, cos utensilios e productos específicos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realízanse os pases da masaxe manual de forma secuenciada, segundo os manuais de procedemento, ata consegui-la absorción do producto utilizado para a masaxe.
* As cores dos productos cosméticos decorativos para as uñas son seleccionadas en función das preferencias da clientela, morfoloxía das uñas, indumentaria, estación climatolóxica e moda.
* Compróbase que a superficie da uña está perfectamente limpa e seca antes de maquillala.
* A laca esténdese por toda a lámina ungueal ou por zonas (con lúa, clásica, creativa e de fantasía) con pinceladas firmes, en sentido lonxitudinal, do extremo proximal a distal.
* A capa de laca que queda sobre a uña é homoxénea e brillante.
* A maquillaxe das uñas consegue corrixir opticamente as desproporcións ou defectos estéticos existentes nas mans e nos pés.
* En caso de accidente aplícanselle ó accidentado os primeiros auxilios e, en caso necesario, trasládase a un centro sanitario, en condicións adecuadas.
* Compróbase que os resultados obtidos son do agrado da clientela e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-lo resultado ós desexos da clientela.

4.4.Aplicar tratamentos específicos a mans e pés optimizando as condicións de seguridade e hixiene.* A clientela é acomodada e colocada na posición anatómica adecuada para executa-las operacións previas á aplicación do tratamento en mans e pés como desmaquillaxe, bañado e exfoliación.
* Os aparellos e os seus accesorios son utilizados, en función dos requirimentos da técnica, atendendo ás especificacións de uso contidas na información subministrada polo seu fabricante.
* Os cosméticos específicos de tratamento de mans e pés son aplicados en función do problema estético, da técnica de tratamento seleccionada e das indicacións do laboratorio fabricante.
* Os pases da masaxe son aplicados segundo os protocolos de traballo.
* En caso de accidente ou reaccións de sensibilidade, aplícanse os primeiros auxilios e, en caso necesario, trasládase o accidentado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.
* Compróbase que a clientela está satisfeita dos resultados obtidos e do trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-lo resultado ás demandas ou expectativas da clientela.

4.5.Promover hábitos de vida saudable na clientela e asesorala sobre aspectos relacionados co coidado e embelecemento de uñas, mans e pés en función das súas necesidades.* Explícaselle á clientela a importancia de adquirir bos hábitos de hixiene persoal, destacando a súa incidencia no aspecto da pel e das uñas de mans e pés.

* Infórmase a clientela da importancia do consumo dunha dieta equilibrada nas propiedades e características das uñas.

* A clientela é informada e asesorada sobre outros tratamentos estéticos específicos para mans e pés que poden realizarse no instituto de beleza, propóndolle a prestación do servicio.
* A clientela é asesorada sobre a periodicidade con que debe someterse ó proceso ou tratamento iniciado, para obte-lo efecto final pretendido.

RealizaciónsCriterios de realización

* Asesórase a clientela sobre o uso persoal de productos cosméticos idóneos para manter uñas, mans e pés cunha boa aparencia e para optimiza-los resultados do tratamento realizado.

4.6.Aplicar e/ou esculpir próteses de uñas, respondendo ás necesidades ou demandas da clientela.* O estudio da morfoloxía das uñas e das mans da clientela permite defini-la lonxitude idónea das próteses.
* O soporte prefabricado permite prolonga-la uña da clientela ata a lonxitude definida para a prótese.
* Realízanse tódalas operacións previas á execución da técnica: desmaquillaxe, limado, retirado de cutícula, despegado de próteses anteriores, pulido e aplicación de productos protectores.
* Os soportes para esculpi-la prótese están colocados, conformados e adheridos á superficie de lámina ungueal da clientela.
* Na escultura de prótese de porcelana, os productos compoñentes da prótese son mesturados nas proporcións definidas polas especificacións técnicas sobre o modo de uso do producto.
* Na realización de prótese de fibra de vidro, a tira de fibra é colocada sobre os productos adhesivos previamente aplicados sobre a lámina ungueal e pulidos.
* Compróbase que as próteses de xel están enxoitas, unha vez transcorrido o tempo de exposición ós raios UVA na estufa habitual.
* Tódolos productos son distribuídos homoxeneamente sobre a superficie da lámina ungueal, respectando a zona próxima á canle periungueal.
* Tódolos productos e utensilios son aplicados e manexados de forma secuenciada e destra, en función dos requirimentos da técnica.
* Durante a execución técnica, os pinceis mantéñense limpos e humedecidos con productos específicos.
* A prótese escúlpese sobre a lámina ungueal da clientela, unha vez colocado o soporte.
* En caso de usa-lo torno, selecciónase o tamaño da fresa en función dos productos que compoñen a prótese e do seu grosor.
* Determínase o poder abrasivo do pulidor manual que se vai utilizar e selecciónase o utensilio, en función da rugosidade da superficie da prótese que se vai pulir.
* Na maquillaxe e desmaquillaxe das próteses ungueais compróbase previamente que os productos utilizados como disolventes dos vernices de uñas non atacan os compoñentes das próteses.
* Unha vez maquilladas, as próteses de uñas ofrecen a aparencia dunha uña natural maquillada.
* Compróbase que o resultado obtido é do agrado da clientela e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-los resultados ós desexos da clientela.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Mobiliario de manicura e pedicura, algodón, pao de laranxeira, limas de distinto grosor, almofías, alicates, toallas, bata, pedra abrasiva, tesoiras, luvas, pulidores con distinto poder abrasivo, separador de dedos, productos cosméticos (desmaquilladores -di

solventes-, queratolíticos, emolientes, endurecedores, hidratantes, hemostáticos, desconxestionantes, de hixiene, branqueadores, aceleradores do secado), productos e accesorios decorativos, productos desinfectantes, esterilizador ou autoclave, productos para confeccionar e fixar próteses de uñas (porcelana, xel, fibra de vidro, productos adhesivos, disolventes, aceleradores do secado, productos antisépticos, funxicidas), moldes, soportes prefabricados (tips). Aparellos cos seus correspondentes accesorios (torno, secador de raios UVA para uñas). Bolsas-sauna para mans. Bañeiras simples ou de hidromasaxe para pediluvios. Baños de parafina.

-Resultados obtidos:

Tratamentos estéticos específicos de mans e pés (hidratación, nutrición, exfoliación). Manicura e pedicura. Próteses de uñas colocadas e adaptadas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de manicura. Técnicas de pedicura. Técnicas de maquillaxe básica de uñas. Técnicas especiais de maquillaxe de uñas: con lúa, manicura clásica, creativa e de fantasía. Técnicas de escultura de prótese de uñas, en función do material que as compón: porcelana, xel e fibra de vidro. Técnicas de limpeza, desinfección e esterilización. Técnicas de aplicación de fantasías ás uñas.

-Información utilizada e/ou xerada:

Ficha técnica da clientela. Bibliografía técnica específica. Manuais dos medios técnicos. Manual de primeiros auxilios.

-Persoal destinatario:

Clientes e outros profesionais.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realizar operacións de venda de productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en beleza e de prestación de servicios no ámbito da estética persoal:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Atender e asesora-la clientela, en función das súas demandas e necesidades, tendo en conta os plans de actuación e os obxectivos comerciais establecidos.* Detéctanse e identifícanse as demandas e necesidades da clientela para determina-los productos cosméticos, utensilios, aparellos e servicios de estética que poden satisfacelas.
* Identifícase o tipo de cliente de acordo coas características observadas, para seleccionar e aplica-las técnicas de venda adecuadas.
* Infórmase a clientela clara e concisamente sobre as características (cor, olor, textura, forma cosmética e outros) e propiedades (efectos e permanencia) máis significativas do producto cosmético obxecto da venda, así como sobre as súas características diferenciais, apoiando a información en argumentos técnicos (composición do producto cosmético).
* A clientela é informada sobre a gamma de utensilios e aparellos de uso en beleza que poden dar resposta ás súas demandas, así como do material co que están fabricados, consumo de enerxía e outros aspectos relevantes, destacando, en caso necesario, a novidade do producto.

RealizaciónsCriterios de realización

* Subminístrase información ó cliente de forma ordenada e oportuna, utilizando unha linguaxe clara e comprensible.
* A amabilidade, aspecto persoal e corrección son os precisos para transmiti-la mellor imaxe do establecemento e xerar un contorno de empatía, promovendo relacións futuras.
* En caso de pautas de promoción establecidas, aténdense as directrices previamente marcadas polo promotor.
* Ensínaselle o producto ó cliente salientando tanto as características da presentación como a capacidade-contido do envase e os accesorios que se acompañan.
* Na súa presentación ó cliente saliéntanse a marca do producto, a súa relación prezo/calidade/cantidade e a súa forma cosmética, utilizando a liña de argumentación idónea en función do tipo de cliente.
* A atención ó cliente realízase nun prazo que non prexudique o funcionamento do establecemento, nin os obxectivos de venda establecidos.
* No servicio posvenda perséguese o mantemento da clientela mediante un trato dilixente e cortés.
* Infórmase a clientela sobre novidades estacionais ou tendencias de moda en canto ós productos cosméticos decorativos.
* Cando se trata de realizar unha venda diferida, proporciónaselle ó cliente información verbal ou escrita e, se conta con elas, ofrécenselle mostras gratuítas do producto para que poida comproba-las súas propiedades e características.
* No tratamento das reclamacións, adóptase unha actitude positiva e utilízase o procedemento máis rápido.
* Cando o tipo de cliente ou operación que se vai realizar excede a responsabilidade asignada, recórrese con prontitude ó superior xerárquico.

5.2.Realizar demostracións do producto cosmético ou artigo que se vende, mediante a aplicación de técnicas profesionais de estética, destacando as características e propiedades que o fan idóneo para a clientela, promovendo actitudes positivas nel.* A elección do modelo ou soporte sobre o que se levará a cabo a aplicación realízase en función das características do producto, minimizando o risco de fracaso na demostración.

* Acomódase ó modelo antes de realiza-la demostración, nas mellores condicións dentro das posibilidades que ofreza o lugar de traballo.

* Tódolos útiles son manexados de forma destra, aplicando as medidas de seguridade e hixiene adecuadas.
* Durante a demostración saliéntanse as características diferenciais do producto respecto doutros similares.
* Durante a demostración infórmanse os posibles compradores sobre o mantemento de uso e pautas de conservación dos utensilios e aparellos que se pretende vender.
* A información subministrada durante a demostración sobre composición, efectos, pautas de utilización e conservación concorda coa subministrada ó usuario polo fabricante do producto que se vende.
* Detéctanse as posibles anomalías ou variacións no comportamento do producto, aparello ou utensilio respecto do comportamento esperado en determinadas condicións ambientais.

RealizaciónsCriterios de realización

* En caso de demostración de productos cosméticos decorativos para a maquillaxe a un pequeno grupo de clientes ou a un só cliente, proporciónanse pautas para realizar correctamente a automaquillaxe, mediante a utilización do producto.

5.3.Obte-la venda do producto, utilizando as técnicas de peche adecuadas, dentro das marxes de actuación comercial establecidas na empresa.* Favorécese a compra do producto creando unha atmosfera acolledora e positiva para a clientela, atendéndoa de forma profesional e amable.

* Identifícase e determínase o stock dispoñible de productos, utensilios e aparellos antes da realización da proposta de venda.

* Infórmase a clientela do prezo do producto segundo os distintos tamaños ou tipos de envase e o tipo de presentación ou forma cosmética, utilizando como argumentación as características que se salientaron na demostración.
* No proceso de negociación, vanse pechando os diferentes aspectos da operación, dentro das marxes establecidas, ata consegui-la venda.
* As obxeccións formuladas pola clientela resólvense aplicando as técnicas de venda precisas.
* No desenvolvemento da venda, identifícase o momento oportuno de aborda-lo peche e a estratexia que se vai utilizar en función do tipo de cliente, establecendo claramente as condicións que se reflectirán no contrato de compravenda.

5.4.Controla-la acción promocional para optimiza-las vendas e alcanza-los obxectivos previstos.* Aplícanse métodos de observación directa para obter información sobre o grao de satisfacción dos clientes.
* Obtense información comercial a través da análise das fichas técnicas e comerciais da clientela, en función dos procedementos establecidos.
* Procésase a información recollida, aplicando as técnicas estatísticas adecuadas que permiten obter conclusións sobre os resultados da acción promocional.
* Obtéñense desviacións, comparando os logros cos obxectivos previstos, en relación co público obxectivo (clientes potenciais) e volume de vendas, para determinar, se é o caso, as medidas correctoras procedentes.
* Realízanse as operacións matemáticas necesarias para calcula-la rendibilidade da campaña e a eficacia da acción promocional e xestionar, se é o caso, medidas correctoras.

5.5.Organizar e presentar no tempo e forma establecidos a información derivada das operacións de venda.* Confecciónase o documento no que se detalla a valoración da acción promocional e as conclusións obtidas da análise estatística, dunha maneira clara, ordenada e de fácil interpretación.
* Estructúrase de forma clara e concisa a información técnico-comercial, detallando tódolos aspectos relevantes na promoción, venda e, se é o caso, tódolos aspectos solicitados pola casa promotora.
* Redáctanse os informes técnicos complementarios dirixidos ó promotor da acción comercial coas achegas persoais baseadas no criterio profesional.
* Confecciónanse un ficheiro comercial recollendo os datos máis relevantes dos clientes e aplicando criterios de arquivo.
* Actualízase periodicamente o ficheiro comercial para futuras accións promocionais, engadindo e modificando os datos precisos.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Mobiliario e material básico para a aplicación de técnicas de estética, productos de uso en beleza que se promocionan (productos cosméticos, utensilios e aparellos) e material de oficina.

-Resultados obtidos:

Demostración realizada, productos promocionados e vendidos, ficheiro comercial actualizado, informes elaborados e emitidos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de estética, técnicas de venda, métodos de utilización de aparellos de uso en beleza, métodos de limpeza e esterilización, protocolo de atención ó cliente.

-Información utilizada e/ou xerada:

Información técnica emitida polo fabricante dos productos que se promocionan, ficheiro comercial, informes profesionais remitidos ó promotor.

-Persoal destinatario:

Clientes, outros profesionais, promotor da acción.

2.5.6. Unidade de competencia 6: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.
* Realízase a análise previa á implantación, valorando:
-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A localización e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-A necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

6.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identifícanse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo os máis habituais no sector.
* Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

6.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Establécese un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) elabóranse no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas e outras).

6.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tense en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.
* Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.
* A participación en feiras e exposicións permite establece-las vías de distribución dos diversos productos ou servicios.

6.5.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Téñense en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.
-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes téñense en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobro.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

6.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respóndense satisfactoriamente as súas demandas, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunícaselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que poida interesarlles.

6.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identifícase a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio e cheques).

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc... Nóminas TC1, TC2. Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Os cambios previsibles na evolución da competencia desta figura profesional son:

* No aspecto tecnolóxico, este profesional da estética debe adaptarse ós cambios tecnolóxicos dictados polas tendencias da moda e polas novas demandas, cada vez máis específicas, dos clientes. Neste sentido, prevese un incremento da demanda de servicios de estética decorativa en canto á escultura decorativa e prótese de uñas, así como na promoción e venda de productos e accesorios de beleza.

* Así mesmo, prevese un incremento no desenvolvemento de programas informativos dirixidos ó deseño de maquillaxes por ordenador e, por conseguinte, nun futuro próximo o profesional deberá ser competente para utiliza-los medios informáticos con ese fin.

* En canto ós aspectos organizativo e económico, se ben se prevé que a pequena empresa siga xogando un papel predominante no ámbito da estética, o cumprimento das normativas europeas e o desenvolvemento de medidas lexislativas específicas, poden repercutir no aspecto organizativo desta actividade, pola obrigatoriedade de empregar novos métodos e tecnoloxías, relacionados fundamentalmente con aspectos de saúde pública. Desta forma, os aspectos organizativos da prestación de servicios de estética persoal decorativa deberán adaptarse á situación para dar resposta a unhas demandas cada vez máis especializadas, manténdose a polivalencia dos traballadores para conseguir maiores niveis de productividade e rendibilidade.

A nova remodelación poderá traducirse en medidas como:

* Fomenta-la vinculación de pequenas empresas en cooperativas ou outras fórmulas que poden solventa-las necesidades de investimento existentes.

* Promove-la formación dos profesionais en técnicas específicas como o márketing.

* Prestar especial atención á calidade dos servicios prestados, promovendo o bo facer profesional como mecanismo para mellora-la posición competitiva ante as compañías estranxeiras.

Por tanto, prevese unha remodelación das actividades para adaptarse a un mercado moito máis competitivo, polo que se consideran necesarios procesos de concentración das actividades para conseguir estructuras empresariais que faciliten a modernización das empresas e a adaptación a unhas demandas cada vez máis esixentes.

Na actualidade estanse introducindo modificacións na forma de funcionamento, cambios de horarios e calendario de apertura ó público.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Produciranse cambios específicos na actividade deste profesional, derivados fundamentalmente da implantación de novas tecnoloxías, novos medios de producción e utilización de medios informáticos, así como da aparición de novas técnicas motivadas sobre todo pola utilización de novos productos cosméticos e novas demandas por parte dos clientes.

Prevese, polo tanto, un incremento nas seguintes actividades:

* Escultura e colocación de próteses de uñas.

* Deseño de maquillaxe asistido por ordenador.

* Venda de servicios, productos cosméticos, aparellos e accesorios de uso en beleza.

* Colaboración con facultativos.

* Cambios de cor e de forma permanente en pestanas e cellas.

2.6.3. Cambios na formación:

As necesidades de formación dedúcense dos cambios previsibles nas actividades profesionais, detectándose necesidades para:

* Poder adaptarse ás novas técnicas e estilos marcados polos dictados da moda.

* A utilización dos medios informáticos como instrumento para o deseño de maquillaxes por ordenador e como medios auxiliares en labores administrativos derivados da actividade empresarial.

* A utilización de novos equipos e medios técnicos que terán que utilizarse nos procesos de estética decorativa: aparellos computerizados e novos productos cosméticos con novas formas.

* A promoción e venda de productos, utensilios, aparellos e servicios no ámbito da estética persoal.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exerce a súa actividade profesional dentro do subsector de servicios persoais e máis concretamente na actividade de estética, desenvolvendo os procesos de prestación de servicios de estética decorativa e de asesoramento e atención permanente ó cliente en:

* Salóns de beleza.

* Departamentos de beleza de empresa dedicada ó tratamento da imaxe persoal integral.

* Equipos técnicos dependentes de laboratorios e casas comerciais que desenvolven a súa actividade no ámbito da estética, como probadores, demostradores e vendedores.

* Hospitais, centros xeriátricos e empresas de servicios fúnebres.

* Clínicas de medicina estética.

* Departamento de estética das TV.

* Estudios de gravacións.

* Estudios de fotografía e vídeo.

* Escolas de modelos profesionais, pasarelas de moda, ...

* Escolas de asesoría de imaxe.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional localízase na área da estética persoal e nas funcións propias da prestación de servicios de estética decorativa, márketing e vendas, así como na administración e organización da empresa.

Os seus coñecementos científicos e tecnolóxicos abranguen os cambios de:

* Atención á clientela.

* Elaboración e interpretación de documentación técnica.

* Asesoramento a clientes.

* Vixilancia e fomento das condicións de seguridade e hixiene no traballo.

* Utilización dos equipos técnicos e productos necesarios para a prestación dos servicios e para o mantemento das instalacións e medios en óptimas condicións.

* Execución técnica dos procesos de estética persoal decorativa: depilación mecánica e decoloración da peluxe, aplicación de técnicas de hixiene facial e corporal, realización de maquillaxes personalizadas, realización de tratamentos estéticos específicos a mans e pés, escultura e colocación de próteses de uñas.

* Planificación comercial.

* Colaboración con facultativos.

* Control da calidade no proceso de prestación do servicio e nos resultados obtidos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e con fins de orientación profesional enuméranse as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñadas por este profesional:

* Esteticista.

* Maquillador ou maquilladora.

* Representante e demostradora de laboratorios e firmas comerciais.

* Especialista en prótese de uñas.

* Manicura e pedicura.

* Asesor ou asesora de beleza.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analiza-las demandas e necesidades das persoas respecto da súa imaxe persoal propondo solucións para o coidado e embelecemento de rostro e corpo baseadas en técnicas de estética decorativa.

* Interpreta-la información técnica asociada ós aparellos e productos de uso no ámbito da estética decorativa.

* Analizar e aplica-las medidas de seguridade e hixiene que é necesario manter na prestación de servicios de estética decorativa, para proporcionar un servicio de calidade e mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando as medidas correctivas e de protección persoal adecuadas.

* Analiza-los procesos de estética decorativa, identificando os requirimentos técnicos, en canto a medios humanos e materiais co fin de favorece-lo aproveitamento de recursos e optimiza-lo desenvolvemento da actividade empresarial.

* Realizar destramente os procesos de: hixiene facial e corporal, depilacións por procedementos mecánicos e decoloracións da peluxe, tratamentos específicos a mans e pés, escultura e adaptación de próteses de uñas, maquillaxes faciais e corporais, cambios de cor e forma de pestanas e cellas e liña das cellas, utilizando adecuadamente os medios técnicos necesarios e realizando as operacións técnicas precisas para obte-los resultados esperados.

* Analiza-las demandas, necesidades e hábitos das persoas respecto á utilización de servicios de estética decorativa e ó consumo de productos cosméticos e pequenos aparellos e accesorios de uso en beleza para promove-la súa venda mediante a correcta utilización das técnicas de negociación.

* Detectar indicios de patoloxía que fan necesaria a derivación de clientes a profesionais do ámbito sanitario.

* Avalia-la prestación de servicios de estética decorativa e os resultados obtidos para propor e/ou aplicar, en caso necesario, as medidas correctoras oportunas.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona as actividades relacionadas coa estética persoal, identificando os dereitos e obrigas que derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poden presentarse neles.

* Buscar, seleccionar e utilizar vías de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da estética persoal e a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Dominar estratexias que lle permitan participar en procesos de comunicación coa clientela, provedores e outros profesionais.

* Xerar documentación técnica imprescindible para o bo funcionamento do establecemento así como para a venda de productos e prestación de servicios e para o adestramento do persoal ó seu cargo.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: depilación mecánica e técnicas complementarias:

Asociado á unidade de competencia 1: elimina-la peluxe por procedementos mecánicos ou decolorala para camuflala.

Capacidades terminais elementais

* Establecer criterios que permitan unha correcta recepción da clientela que demanda a prestación dos servicios de estética decorativa.

* Identifica-las alteracións patolóxicas ou non, máis frecuentes, con influencia nos procesos de depilación e de decoloración da peluxe.

* Analiza-las características das distintas zonas pilosas relacionándoas coas posibles demandas para aplicar técnicas de depilación mecánica e de decoloración da peluxe.

* Analiza-los procesos de depilación mecánica e de decoloración da peluxe, indicando os seus efectos, indicacións e contraindicacións.

* Realizar en tempo e forma axeitada a proba de sensibilidade ós productos cosméticos para a depilación mecánica e decoloración da peluxe, valorando os resultados obtidos.

* Determina-la conveniencia de aplicar técnicas de depilación mecánica ou de decoloración da peluxe ou a conveniencia de deriva-la clientela a outros profesionais.

* Selecciona-la técnica de depilación mecánica ou de decoloración da peluxe tendo en conta as precaucións que se deben tomar na aplicación dos procesos.

* Determina-los requirimentos técnicos dos procesos de depilación mecánica e de decoloración da peluxe, en canto a medios e productos, relacionándoos coas fases nas que interveñen.

* Determina-los factores que fagan necesario a utilización de material dun só uso.

* Executar destramente e en condicións de seguridade e hixiene óptimas, as técnicas de depilación mecánica e de decoloración da peluxe, en función dos requirimentos propios de cada técnica e das características da zona que se vai tratar.

* Seleccionar e aplica-las técnicas de limpeza, desinfección e esterilización axeitados os útiles, a materiais e aparellos utilizados nos procesos de depilación e decoloración da peluxe.

* Asesorar á clientela sobre cosméticos que debe empregar, periodicidade do tratamento, coidados que debe prestar á pel e precaucións que se deben gardar trala depilación ou decoloración para evitar reaccións adversas.

* Avalia-lo proceso de depilación mecánica e de decoloración da peluxe e os resultados obtidos, propoñendo as modificacións que deben realizarse no proceso para adecua-los resultados ó previsto.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

A peluxe: a súa repercusión na imaxe persoal e a forma de minimiza-los seus efectos antiestéticos:

* Estudio das principais alteracións do sistema piloso e a súa repercusión na imaxe persoal.

* Estudio das principais alteracións de orixe vascular con repercusión nun proceso de depilación, para determina-la técnica máis adecuada.

* Identificación e valoración dos signos que son indicio de alteración patolóxica ou non e que resultan determinantes para descarta-la aplicación dos procesos de depilación mecánica e de decoloración da peluxe.

* Estudio acerca da elaboración de documentación e ficha técnica, e redacción de informes a outros profesionais.

* Análise das técnicas de depilación mecánica en cada caso para determina-la máis idónea, analizando as vantaxes e inconvenientes de cada unha delas.

* Determinación da técnica de depilación mecánica que se debe utilizar segundo o tipo de pelo e a zona que se vai tratar.

* Descrición das operacións previas ás fases dos procesos de depilación mecánica, relacionando as operacións técnicas de cada fase da súa execución cos productos, equipos e materiais que han de utilizarse nelas.

* Execución das distintas técnicas de depilación mecánica en forma e tempo adecuados operando os medios técnicos adecuados en función da técnica

elixida en condicións de seguridade e hixiene óptimas.

* Análise do proceso e técnica de decoloración da peluxe e descrición das súas fases de execución, relacionando as operacións técnicas de cada fase cos productos, equipos e materiais que se van utilizar.

* Execución da técnica de decoloración da peluxe en forma e tempo adecuado en condicións de seguridade e hixiene operando os medios técnicos necesarios.

Cosmética específica para a depilación mecánica e a decoloración da peluxe:

* Estudio e descrición dos compoñentes dos cosméticos utilizados para a depilación mecánica.

* Determinación dos criterios para a selección de cosméticos para a depilación mecánica e pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

* Estudio dos efectos, indicacións, contraindicacións e pautas para a correcta manipulación de cosméticos retardadores do crecemento da peluxe.

* Estudio e descrición dos cosméticos utilizados na decoloración da peluxe, pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

* Preparación de dilucións de auga osixenada e mesturas de colorantes seguindo as pautas para a súa correcta manipulación.

* Preparación e aplicación dos productos cosméticos depilatorios e decolorantes, operando cos medios técnicos idóneos, en función da técnica elixida, comprobando que a temperatura e grao de viscosidade do producto garantan unha correcta aplicación.

Aparellos con aplicación na depilación mecánica:

* Estudio e manexo dos diferentes aparellos empregados na eliminación da peluxe por procedementos mecánicos: pinzas de depilar, fundidores e aplicadores de cera. Pautas de utilización e conservación. Mantemento de uso.

Seguridade e hixiene nos procesos de decoloración da peluxe e de depilación mecánica:

* Análise das medidas de seguridade e hixiene necesarias para a execución dos procesos de depilación e decoloración da peluxe.

* Comprobación de que a persoa estea na posición anatómica conveniente, en función da zona que se vai depilar e da técnica de aplicación do producto depilatorio elixido e se cómpre protexe-la súa indumentaria.

* Realización en tempo e formas adecuadas da proba de sensibilidade ós productos cosméticos para a depilación mecánica e decoloración da peluxe, valorando os resultados obtidos.

* Aplicación das operacións previas de limpeza e desinfección da zona que se vai depilar ou decolorar.

* Estudio e aplicación dos métodos de comprensión do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene nos procesos de eliminación ou decoloración da peluxe.

Control de calidade dos procesos de depilación mecánica e da decoloración da peluxe:

* Análise dos factores que determinan a calidade dos procesos de depilación mecánica e decoloración da peluxe.

* Avaliación das técnicas empregadas para detecta-lo grao de satisfacción da clientela.

* Avaliación dos resultados obtidos propoñendo medidas que optimicen os resultados.

Contidos conceptuais

A peluxe: a súa repercusión na imaxe persoal e a forma de minimiza-los seus efectos antiestéticos:

* Principais alteracións do sistema piloso e a súa repercusión na imaxe persoal.

* Principais alteracións de orixe vascular con repercusión nos procesos de depilación.

* Ficha técnica: documentación e elaboración de informes con derivación a outros profesionais.

* Depilación mecánica:

-Operacións previas.

-Técnicas. Fases de execución de cada técnica nas distintas rexións anatómicas.

-Efectos.

-Requirimentos técnicos.

* Decoloración da peluxe:

-Técnica.

-Execución.

-Efectos.

-Requirimentos técnicos.

Cosmética específica para a depilación mecánica e a decoloración da peluxe:

* Cosmética para a depilación mecánica. Ceras (quente, morna e fría). Criterios para a selección e pautas para a súa correcta preparación, manipulación e conservación.

* Cosmética retardadora do crecemento da peluxe

* Cosméticos decolorantes. Auga osixenada. Dilucións. Pos decolorantes. Aceites decolorantes. Criterios para a selección e pautas para a correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

Aparellos con aplicación na depilación mecánica:

* Pinzas de depilar, fundidores e aplicadores de cera. Pautas de utilización. Mantemento de uso.

Seguridade e hixiene nos procesos de decoloración da peluxe e de depilación mecánica:

* Medidas de protección persoal que debe adopta-la profesional. Indumentaria. Posicións anatómicas recomendadas para o traballo.

* Medidas de protección da clientela nos procesos de depilación mecánica e de decoloración da peluxe. Posicións anatómicas recomendadas para o proceso.

* Seguridade e hixiene na utilización de aparellos eléctricos nos procesos de depilación mecánica.

Control de calidade dos procesos de depilación mecánica e da decoloración da peluxe:

* Factores de calidade dos procesos de depilación mecánica e decoloración da peluxe.

* Parámetros que definen a calidade dos procesos de depilación mecánica e de decoloración da peluxe. Grao de satisfacción da clientela.

* Resultados obtidos. A súa valoración.

* A seguridade e hixiene como factor determinante na calidade dos procesos de depilación mecánica e de decoloración da peluxe.

Contidos actitudinais

A peluxe: a súa repercusión na imaxe persoal e a forma de minimiza-los seus efectos antiestéticos:

* Toma de conciencia da importancia de recompilar datos para a interpretación de signos e síntomas de alteración estéticas no sistema piloso, así como indicios de alteracións de orixe vascular ou patolóxicas que deban ser remitidas a unha consulta médica.

* Recoñecemento da importancia de manter unhas normas e uns criterios de seguridade e hixiene nos procesos de depilación mecánica e decoloración da peluxe en canto a medios técnicos e productos.

* Toma de conciencia da importancia da elección da técnica mais adecuada tendo en conta as alteracións do sistema piloso, as alteracións de orixe vascular e as condicións da súa pel.

Cosmética específica para a depilación mecánica e a decoloración da peluxe:

* Toma de conciencia da importancia da correcta selección de cosméticos para a depilación mecánica e decoloración da peluxe, analizando con detemento as indicacións e contraindicacións do seu uso.

Aparellos con aplicación na depilación mecánica:

* Toma de conciencia da importancia dunha correcta manipulación, utilización e mantemento dos aparellos de uso na depilación mecánica.

Seguridade e hixiene nos procesos de decoloración da peluxe e de depilación mecánica:

* Aceptación e respecto das normas e criterios de seguridade e hixiene establecidas para o uso e control de materiais, productos e medios técnicos.

* Recoñecemento da importancia de manter unhas normas e uns criterios de seguridade e hixiene nos procesos de depilación mecánica e de decoloración da peluxe.

Control de calidade dos procesos de depilación mecánica e da decoloración da peluxe:

* Interese polo traballo en equipo e colaboración con outro persoal especializado que permita contrasta-los resultados obtidos.

* Toma de conciencia da importancia de ofrecer unha eficaz hixiene e esterilización en canto a productos e aparellos de depilación e decoloracións da peluxe, e de utilizar material dun só uso se fose necesario como factor determinante na calidade do servicio.

3.2.2. Módulo profesional 2: técnicas de hixiene facial e corporal:

Asociado á unidade de competencia 2: aplicar técnicas de estética á hixiene facial e corporal.

Capacidades terminais elementais

* Establecer criterios que permitan unha correcta recepción da clientela que demanda a prestación dos servicios de estética decorativa.

* Analiza-las características e condicións da pel das persoas relacionándoas coas demandas, en canto á hixiene da pel, para determina-las técnicas de hixiene facial e corporal máis axeitadas.

* Describir e aplica-las técnicas de análise cutánea utilizadas nos procesos de estética decorativa.

* Determinar alteracións da pel que fagan necesaria a desviación ó profesional médico especializado.

* Elaborar unha ficha técnica para coñece-los hábitos de hixiene facial e corporal das persoas, os cosméticos que utilizan e os hábitos de vida.

* Determina-las técnicas de execución da hixiene facial e corporal en función do tipo de pel das persoas.

* Analiza-los procesos de hixiene facial e corporal para determina-los requirimentos técnicos, materiais e productos, relacionándoos coas fases dos procesos que interveñen.

* Selecciona-los productos cosméticos, aparellos e utensilios necesarios para a aplicación das técnicas de hixiene facial e corporal.

* Determina-las manobras de masaxe, dirección e secuencia delas, tendo en conta a rexión anatómica e a sensibilidade da zona que se vai tratar.

* Determina-la posición anatómica axeitada para a aplicación das técnicas de hixiene facial e corporal, así como as medidas de protección do suxeito e persoal, en condicións de seguridade e hixiene.

* Determina-los factores que fagan necesaria a utilización de material dun só uso.

* Asesora-lo suxeito sobre a importancia duns hábitos de hixiene facial e corporal adecuados para mante-lo aspecto da pel en óptimas condicións.

* Avalia-los procesos de hixiene facial e corporal e os resultados obtidos, propoñendo as modificacións necesarias, no caso de que os resultados non sexan os pretendidos.

* Analizar e selecciona-las técnicas máis adecuadas ós procesos de hixiene, desinfección, esterilización e limpeza.

* Describi-los métodos de limpeza máis adecuados dependendo da natureza da sucidade.

* Determina-la conveniencia de desinfectar ou esteriliza-lo material utilizado nos procesos de hixiene facial e corporal.

* Selecciona-la técnicas de limpeza, desinfección e esterilización máis axeitadas ós útiles, accesorios e aparellos utilizados nos procesos de hixiene facial e corporal.

* Valora-la importancia da aplicación de medidas hixiénico-sanitarias que garantan a seguridade dos clientes e profesionais na prestación dos servicios de estética decorativa, tendo en conta a normativa legal vixente.

* Executar destramente as técnicas de limpeza, desinfección e esterilización dos utensilios, aparellos e accesorios utilizados nos procesos de hixiene facial e corporal, aplicando medidas de protección persoal.

* Avalia-los procesos de limpeza, desinfección e esterilización, propoñendo modificacións, no caso de que os resultados non sexan os previstos.

Contidos (duración 105 horas)

Contidos procedementais

Os procesos de hixiene facial e corporal como base dos principios da estética:

* Estudio das diferentes alteracións da pel e anexos cutáneos que inflúan nos procesos de hixiene facial e corporal.

* Preparación e protección do profesional e da clientela para a realización dos procesos de hixiene facial e corporal.

* Aplicación de técnicas para determina-las características e condicións da pel.

* Elaboración dunha ficha técnica na que se reflictan as características da pel, os hábitos de vida e hixiénicos das persoas que demandan un servicio de hixiene facial o corporal.

* Identificación de signos de patoloxías que fagan necesaria a remisión do suxeito ó especialista médico.

* Estudio da repercusión duns bos hábitos hixiénicos na propia imaxe.

* Asesoramento á clientela da importancia da hixiene da pel, nutrición e descanso.

* Análise e estudio das fases e execución de técnicas para a hixiene facial e corporal.

* Selección e execución, en condicións de seguridade e hixiene, das distintas fases dos procesos de hixiene facial e corporal, adoptando a posición anatómica axeitada.

Cosmética específica para a hixiene facial e corporal:

* Estudio dos cosméticos utilizados nas fases dos procesos de hixiene facial e corporal.

* Selección dos cosméticos segundo o tipo de pel e o protocolo de traballo.

* Determinación de pautas para a preparación, manipulación, aplicación e consecución dos cosméticos utilizados nos procesos de hixiene facial e corporal, en condicións de seguridade e hixiene adecuada.

Aparellos e instrumentos con aplicación nos procesos de hixiene facial e corporal:

* Estudio dos efectos, indicacións e contraindicacións e pautas para a correcta manipulación dos aparellos e instrumentos utilizados nos procesos de hixiene facial e corporal.

* Selección dos aparellos e instrumentos para o proceso de hixiene elixido.

* Utilización e manexo dos aparellos e instrumentos necesarios para os procesos de hixiene facial e corporal, tendo en conta as condicións de seguridade e hixiene.

Seguridade e hixiene nos procesos de hixiene facial e corporal:

* Estudio das medidas de protección do profesional e cliente así como da posición anatómica adecuada.

* Aplicación das técnicas de protección persoal e do suxeito. Comprobación dunha boa posición anatómica do profesional e cliente segundo a zona que se vai tratar nos procesos de hixiene facial e corporal.

* Estudio das medidas de seguridade e hixiene necesarias na utilización dos aparellos eléctricos para a hixiene facial e corporal.

* Aplicación das pautas para a correcta utilización, manipulación e conservación dos aparellos utilizados na execución das técnicas de hixiene facial e corporal.

Desinfección, esterilización, antisepsia e limpeza:

* Estudio e análise dos conceptos de desinfección, esterilización, antisepsia e limpeza.

* Determinación da sucidade e/ou contaminantes biolóxicos na pel, útiles, instalacións e aparellos.

* Selección e execución de métodos de limpeza e esterilización para os procesos de hixiene facial e corporal.

Control de calidade dos procesos de hixiene facial e corporal:

* Estudio dos parámetros para defini-la calidade dos procesos de hixiene facial e corporal.

* Determinación da calidade dos procesos en canto a destreza, execución e actitude cara as persoas que demandan procesos de hixiene facial e corporal, tendo en conta a seguridade e hixiene como factor determinante.

* Aplicación de técnicas de detección do grao de satisfacción da clientela.

* Avaliación dos resultados obtidos fronte os pretendidos e en caso de non ter correspondencia propoñer medidas correctoras.

Contidos conceptuais

Os procesos de hixiene facial e corporal como base dos principios da estética:

* Alteracións da pel e anexos con influencia nos procesos de hixiene facial e corporal: descrición, orixe e evolución.

* Métodos para a observación e exploración da pel.

* Ficha técnica ou informe: datos que deben consignarse pola súa importancia para unha valoración axeitada de modo de vida e hixiene das persoas.

* Repercusión dos hábitos de hixiene persoais na propia imaxe: coidados da pel, dieta equilibrada. Hábitos de vida saudable.

* Fases do proceso de hixiene facial e corporal. Execución técnica: desmaquillaxe, tonificación, exfoliación, extracción de espiñas, masaxe facial, aplicación e retirada de máscaras faciais.

Cosmética específica para a hixiene facial e corporal:

* Cosméticos específicos para a hixiene facial e corporal.

* Tipos de cosméticos: desmaquillantes, tonificantes, exfoliantes, cremas, aceites, máscaras faciais...

* Criterios de selección dos cosméticos segundo o tipo de pel.

* Pautas para a preparación, manipulación, aplicación e consecución.

Aparellos e instrumentos con aplicación nos procesos de hixiene facial e corporal:

* Aparellos e instrumentos con aplicación nos procesos de hixiene facial e corporal:

-Tipos de aparellos. Efectos, indicacións e contraindicacións de: lupas, lámpadas de Wood, aparellos emisores de vapor-ozono, pulverizacións, aspiradores, vibradores, cepillos rotatorios, aparellos de emisión de corrente de alta frecuencia, aparellos de correntes galvánicas para desincrustación.

* Pautas para a súa correcta aplicación e limpeza, tomando as medidas de protección máis idóneas en condicións de seguridade e hixiene adecuada.

Seguridade e hixiene nos procesos de hixiene facial e corporal:

* Medidas de protección persoal e da clientela: hixiene, indumentaria, luz, ambiente agradable, posición anatómica adecuada.

* Seguridade e hixiene na utilización dos aparellos utilizados nos procesos de hixiene facial e corporal: pautas para a súa correcta preparación, manipulación, limpeza e esterilización.

Desinfección, esterilización, antisepsia e limpeza:

* Concepto de desinfección: obxectivos, desinfección por axentes químicos, por calor e radiación u.v.

* Concepto de esterilización: obxectivos, esterilización por axentes químicos, por axentes físicos (calor e radiacións), aparellos empregados.

* Concepto de antisepsia: obxectivos, tipos de antisépticos.

* Concepto de limpeza. Métodos: abrasión, absorción, disolución, deterxencia.

* Vantaxes e inconvenientes de tódolos métodos.

Control de calidade dos procesos de hixiene facial e corporal:

* A calidade dos servicios de hixiene facial e corporal:

-Infraestructura, equipamentos e productos.

-Execución do servicio á clientela. Trato coa clientela. Seguridade e hixiene.

* Técnicas para detecta-lo grao de satisfacción.

Contidos actitudinais

Os procesos de hixiene facial e corporal como base dos principios da estética:

* Valoración da importancia da hixiene facial e corporal como práctica de saúde e non só como fin estético.

* Actitude crítica para detecta-las diferentes patoloxías que necesiten unha derivación á consulta especializada.

* Recoñecemento da importancia de practicar hábitos de vida saudables.

Cosmética específica para a hixiene facial e corporal:

* Responsabilidade na selección dos cosméticos para a hixiene facial e corporal.

* Valoración da importancia da correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación dos cosméticos utilizados para os procesos de hixiene facial e corporal.

Aparellos e instrumentos con aplicación nos procesos de hixiene facial e corporal:

* Valoración da importancia dunha correcta manipulación e aplicación dos aparellos con aplicación na hixiene facial e corporal.

* Responsabilidade e rigor na selección dos aparellos, dos seus efectos, indicacións e contraindicacións nos procesos de hixiene facial e corporal.

Seguridade e hixiene nos procesos de hixiene facial e corporal:

* Rigor na aplicación de medidas de protección persoal e da clientela, así como na elección da posición anatómica adecuada.

* Responsabilidade na utilización de técnicas de seguridade e hixiene dos aparellos eléctricos utilizados nos procesos de hixiene facial e corporal.

Desinfección, esterilización, antisepsia e limpeza:

* Aceptación da importancia de diferenciar e seleccionar axeitadamente os diferentes métodos de limpeza, desinfección e esterilización nos procesos de hixiene facial e corporal.

Control de calidade dos procesos de hixiene facial e corporal:

* Valoración da importancia da prestación dun servicio de calidade.

* Recoñecemento de ofrecer un servicio eficaz, asesoramento da clientela e valoración da importancia de remisión ó especialista médico no caso de alteracións patolóxicas.

* Rigorosidade na utilización de medidas de seguridade e hixiene por ser factor determinante na calidade dos procesos de hixiene facial e corporal.

3.2.3. Módulo profesional 3: maquillaxe:

Asociado á unidade de competencia 3: realizar maquillaxes adaptadas á clientela e ás circunstancias en que se lucirá.

Capacidades terminais elementais

* Establecer criterios que permitan unha correcta recepción da clientela que demanda a prestación dos servicios de estética decorativa.

* Analiza-las características físicas das persoas relacionándoas coas distintas correccións e outros efectos ópticos que poidan conseguirse coa maquillaxe.

* Realizar deseños de distintos óvalos faciais, formas e tipos de ollos, cellas, nariz e beizos, explicando sobre cada debuxo as correccións que deben realizarse para corrixir opticamente as desproporcións e discordancias estéticas.

* Analiza-lo rostro e saber detectar alteracións totais e parciais na súa coloración así como na simetría respecto ó plano vertical e ó horizontal.

* Definir e determina-las técnicas de maquillaxe que se van aplicar e a harmonía cromática que debe

rexe-la maquillaxe, tendo en conta os distintos tons de pel, cabelo, ollos e indumentaria.

* Defini-los cambios que se producen nas cores por intervención da emulsión epicutánea e a composición dos productos cosméticos.

* Analiza-lo proceso de maquillaxe, relacionando cada unha das súas fases coas técnicas e utensilios necesarios para obte-los efectos pretendidos.

* Idea-los tipos de maquillaxe en función da zona que se vai maquillar e das condicións e circunstancias nas que se vai lucir.

* Analiza-los factores que alteran os efectos ópticos e a duración da maquillaxe como os tipos de luz, segundo o seu ángulo de incidencia, a súa intensidade e a súa cor.

* Analiza-los factores ambientais que alteran a duración da maquillaxe en óptimas condicións, en relación coas distintas formas cosméticas e textura dos productos cosméticos decorativos.

* Selecciona-los productos cosméticos que han de utilizarse na maquillaxe así como as súas formas cosméticas, texturas e colorido.

* Realizar operacións fisicoquímicas para obte-las mesturas de productos e colores desexadas.

* Aplica-los productos cosméticos de maquillaxe mediante distintas técnicas: batido, arrastre, esvaramento, manexando destramente os utensilios empregados como esponxas, espátulas, borlas, pinceis e brochas.

* Aplicar próteses de pestanas, quincalla e outros accesorios obtendo o efecto pretendido.

* Executar destramente e en condicións de seguridade e hixiene óptimas, maquillaxes personalizadas e adaptadas ás condicións nas que serán lucidas.

* Executar destramente e en condicións de seguridade e hixiene óptimas técnicas para cambia-la cor e a forma do pelo das pestanas e cellas de maneira permanente ou temporal, así como a liña (forma) das cellas.

* Realizar en tempo e forma adecuada a proba de sensibilidade dos productos cosméticos para o cambio de forma permanente de cellas e pestanas, valorando os resultados obtidos.

* Avalia-los procesos de tinguidura e permanentado de pestanas, cellas e maquillaxes e os resultados obtidos, propoñendo modificacións que permitan adecua-los resultados para os efectos pretendidos.

* Avaliar, a través do espello, os efectos que produce a maquillaxe (sobre a imaxe persoal do suxeito), a depilación de cellas, os cambios permanentes na cor e na forma do pelo de pestanas e cellas.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

O estudio do rostro humano: visagisme:

* Análise e estudio do aspecto físico da clientela detectando os puntos que se han de resaltar ou corrixir visualmente determinando e integrando as distintas técnicas que han de utilizarse nunha maquillaxe personalizada.

* Elaboración de deseños nos que se diferencien as distintas características morfolóxicas e as posibles correccións que se van realizar baseándose no patrón ideal de beleza.

* Realización de exercicios prácticos nos que se analicen, diferencien e clasifiquen os distintos tipos de rostros, óvalos, frontes, cellas, narices, beizos e queixos que presentan.

* Execución das correccións do rostro necesarias empregando diversas técnicas de visagisme.

* Estudio dos diferentes tipos de luz e a súa influencia sobre as distintas cores.

* Aplicación de distintos tipos de cosméticos decorativos sobre distintos tipos de rostros, analizando os efectos que se producen cambiando o ángulo de incidencia, intensidade e cor da luz.

A maquillaxe e a súa realización:

* Análise e descrición do proceso de maquillaxe que se vai realizar.

* Selección e descrición da técnica de maquillaxe adecuada a cada zona do corpo e rostro tendo en conta o estilo persoal, a harmonía de cores, as correccións e condicións nas que será lucida.

* Selección e preparación dos materiais e productos necesarios para a realización da maquillaxe, en función das técnicas definidas.

* Execución da técnica dos distintos tipos de maquillaxe e correccións nas distintas zonas do corpo e rostro.

Procesos complementarios ó da maquillaxe:

* Análise e descrición da técnica de depilación de cellas, colocación de pestanas postizas, coloración de pestanas e cellas e permanentado de pestanas.

* Selección e preparación dos productos e materiais necesarios en función da técnica elixida.

* Aplicación das técnicas de depilación de cellas, colocación de pestanas postizas, coloración de pestanas e cellas e permanentado de pestanas.

Cosmética específica para a maquillaxe e procesos complementarios:

* Selección e preparación dos productos cosméticos que han de utilizarse na maquillaxe e procesos complementarios, realizando as operacións fisicoquímicas necesarias atendendo ás indicacións do laboratorio fabricante así como ás formas cosméticas, texturas e colorido.

Seguridade e hixiene nos procesos de maquillaxe e complementarios:

* Realización en tempo e forma adecuados da proba de sensibilidade dos productos cosméticos, valorando os resultados obtidos.

* Comprobación das medidas de protección persoal e da clientela. Comprobación dunha boa posición anatómica nos procesos de maquillaxe e complementarios.

* Aplicación de medidas de seguridade e hixiene para unha correcta manipulación e conservación de útiles e productos empregados nos procesos de maquillaxe e complementarios.

Control de calidade dos procesos de maquillaxe, depilación de cellas e cambios permanentes de cor e de forma no pelo de pestanas e cellas:

* Análise e estudio dos parámetros que definen a calidade dos procesos dunha maquillaxe, depilación de cellas e cambios permanentes de cor e de forma no pelo de pestanas e cellas.

Contidos conceptuais

O estudio do rostro humano: visagisme:

* Tipos de óvalos e faccións: as súas representacións gráficas.

* Correccións das discordancias estéticas dos distintos tipos de rostros, faccións, beizos, ollos e nariz.

* Harmonía entre a maquillaxe e outros aspectos da imaxe persoal: características físicas, peiteados, indumentaria e complementos.

* Teoría da cor.

A maquillaxe e a súa realización:

* Tipos de maquillaxe: as súas características diferenciais. Representación gráfica.

* Técnicas de aplicación de productos cosméticos e accesorios de maquillaxe: batido, arrastre e difuminación. Delineación e perfilado. Desrizamento.

* Técnicas de aplicación de pestanas postizas, quincalla e outros accesorios.

* Técnicas para maquillar e corrixi-las distintas zonas do corpo e rostro.

* Fases da execución técnica e as súas correccións.

Procesos complementarios ó da maquillaxe:

* As cellas como elemento de corrección de discordancias estéticas no rostro:

-Depilación de cellas: operacións previas, correccións, técnica de depilación de cellas con pinzas.

* Os cambios de coloración e de forma permanente no pelo de pestanas e cellas: técnicas, execución e medios.

Cosmética específica para a maquillaxe e procesos complementarios:

* Pautas de preparación, manipulación, aplicación e conservación. Precaucións de uso.

Seguridade e hixiene nos procesos de maquillaxe e complementarios:

* Medidas de protección persoal do profesional e da clientela e outras medidas que minimicen o risco de aparición de fenómenos non desexados.

Control de calidade dos procesos de maquillaxe, depilación de cellas e cambios permanentes de cor e de forma no pelo de pestanas e cellas:

* Factores de calidade dos procesos da maquillaxe e complementarios.

Contidos actitudinais

O estudio do rostro humano: visagisme:

* Recoñecemento e valoración das particularidades do rostro humano, respectando tódolos tipos de discordancias que podamos atopar.

* Interese polo estudio dos distintos tipos de rostros, faccións, beizos, ollos e nariz, intentando buscar unha harmonía entre a maquillaxe e outros aspectos da imaxe persoal.

A maquillaxe e a súa realización:

* Responsabilidade na selección da maquillaxe adecuada a cada persoa en concreto e ó momento no que será lucida.

* Recoñecemento da importancia da realización dunha boa maquillaxe e das operacións previas a ela.

* Interese na busca da maquillaxe idónea.

Procesos complementarios ó da maquillaxe:

* Valoración da importancia na selección dos medios técnicos e dos productos utilizados nos procesos complementarios ó da maquillaxe.

Cosmética específica para a maquillaxe e procesos complementarios:

* Responsabilidade na selección e na correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación dos cosméticos para a maquillaxe e procesos complementarios.

Seguridade e hixiene nos procesos de maquillaxe e complementarios:

* Recoñecemento da importancia de manter unhas normas e criterios de seguridade e hixiene nos procesos de maquillaxe e complementarios.

Control de calidade dos procesos de maquillaxe, depilación de cellas e cambios permanentes de cor e de forma no pelo de pestanas e cellas:

* Valoración da importancia de avalia-lo grao de satisfacción da clientela para unha optimización dos resultados.

3.2.4. Módulo profesional 4: escultura de uñas e estética de mans e pés:

Asociado á unidade de competencia 4: realizar tratamentos estéticos específicos de mans e pés, apli

car técnicas de manicura, pedicura, escultura e aplicación de próteses de uñas.

Capacidades terminais elementais

* Establecer criterios que permitan unha correcta recepción da clientela que demanda a prestación dos servicios de estética decorativa.

* Analiza-las características e condicións das mans e pés das persoas, relacionándoas coas demandas da clientela e tendencias da moda.

* Describir e identifica-las alteracións estéticas da pel e uñas de mans e pés con repercusión estética para determina-los posibles tratamentos estéticos.

* Analizar e estudia-los procesos, medios técnicos e productos da manicura e pedicura e as súas aplicacións segundo a morfoloxía das uñas e anatomía de mans e pés.

* Determina-los medios técnicos e productos e selecciona-la técnica máis axeitada para a execución do proceso de manicura e pedicura.

* Analizar e estudia-las técnicas, medios técnicos e productos dos diferentes tratamentos estéticos específicos das uñas, mans e pés e as técnicas de masaxe máis idóneas.

* Determinar e selecciona-la técnica, medios técnicos e productos do tratamento específico e da masaxe de mans e pés para cada caso concreto.

* Aplicar destramente as técnicas de manicura e pedicura, tratamentos estéticos específicos e masaxe das uñas, mans e pés en condicións de seguridade e hixiene axeitadas para a obtención dos resultados pretendidos.

* Analizar e estudia-los procesos de manicura, pedicura e tratamentos estéticos das mans e pés indicando as modificacións que deberán realizarse no caso de que os resultados non sexan os pretendidos.

* Avalia-los procesos, medios técnicos e productos para a escultura e aplicación de próteses de uñas relacionándoos cos efectos que producen sobre a pel e uñas de mans e pés.

* Determinar e selecciona-la técnica de execución da escultura e aplicación de próteses de uñas máis axeitada ó tipo de pel e uñas de mans e pés.

* Aplicar destramente e en condicións de seguridade e hixiene adecuadas as técnicas de escultura, aplicación de próteses de uñas e as distintas maquillaxes destas para obte-los resultados pretendidos.

* Avalia-los procesos de escultura e aplicación de próteses de uñas indicando as modificacións que terán que realizarse no caso de que os resultados non sexan os previstos.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

Principais alteracións das uñas:

* Estudio das distintas alteracións das uñas de orixe conxénito e adquirido e da influencia das ditas malformacións nos procesos de manicura e pedicura.

* Análise da anatomía e aspecto de mans e pés: determinación das principais alteracións que afectan á lámina ungueal e os tecidos periungueais e a pel de mans e pes.

* Determinación da conveniencia da aplicación de técnicas de manicura, pedicura, tratamentos específicos e aplicación de próteses de uñas no caso de alteracións da lámina ungueal, de tipo infeccioso, etc. que fagan necesaria a remisión da clientela ó profesional médico especializado.

Enfermidades profesionais das mans:

* Descrición das distintas alteracións das mans que poidan ser síntoma dunha enfermidade profesional.

* Estudio das enfermidades máis frecuentes nas mans por contacto con productos de uso frecuente nos salóns de perruquería e estética.

* Aplicación de medidas de protección do profesional baixo as recomendacións do profesional médico.

Coidados e tratamentos estéticos específicos para mans e pés:

* Descrición das fases dos procesos da manicura e pedicura, relacionándoas coas operacións técnicas de cada fase e cos equipos e materiais que interveñen.

* Selección e preparación dos útiles, equipos e cosméticos para a aplicación das técnicas de manicura, pedicura, masaxe de mans e pés e maquillaxe de uñas.

* Realización, en condicións de seguridade e hixiene axeitadas, das técnicas de manicura, pedicura e masaxe de mans e pés, segundo o protocolo de traballo establecido.

* Execución das técnicas de maquillaxe de uñas de mans e pés, buscando a harmonía en función da morfoloxía.

* Descrición e estudio dos diferentes tratamentos estéticos específicos para o coidado das uñas e pel de mans e pés.

* Identificación e determinación dos medios técnicos e dos productos que deberían utilizarse nos tratamentos específicos de mans e pés.

* Selección dos medios técnicos, útiles e cosméticos necesarios para aplicar tratamentos estéticos específicos de mans e pés.

* Execución, en condicións de seguridade e hixiene adecuada, das fases dos procesos de tratamentos estéticos específicos, tendo en conta materiais, productos e preparación do profesional e da clientela.

Proceso de escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Análise das fases dos procesos de escultura e aplicación de próteses de uñas.

* Estudio dos diferentes tipos de próteses de uñas, relacionándoos co tipo de lámina ungueal e fisionomía de mans e pés.

* Selección dos medios técnicos e productos para a realización das distintas técnicas de escultura e aplicación de próteses de uñas.

* Selección e execución da técnica e aplicación de próteses de uñas máis adecuada a cada persoa: porcelana, fibra, xel, en condicións de seguridade e hixiene adecuados e tomando as medidas de protección da clientela e profesional.

Cosmética específica para manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, aplicación e escultura de próteses de uñas:

* Estudio das características usadas nos procesos de manicura, pedicura, masaxe, tratamentos específicos de mans e pés e escultura e aplicación de próteses de uñas.

* Establecemento de criterios para a selección de cosméticos e pautas para a súa correcta preparación, manipulación e conservación.

Seguridade e hixiene nos procesos de manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Estudio das normas de seguridade e hixiene dos aparellos, útiles e accesorios utilizados nos procesos de embelecemento das mans e pés.

* Comprobación das medidas de protección persoal e da clientela. Determinación da posición anatómica adecuada.

* Aplicación das normas de hixiene, desinfección e esterilización establecidas no protocolo de traballo.

Control de calidade dos procesos de manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Análise dos procesos de embelecemento de mans e pés e identificación dos aspectos que terán que ser avaliados por ser determinantes na calidade do servicio prestado.

* Aplicación de técnicas para avalia-lo grao de satisfacción da clientela.

* Identificación das desviacións producidas respecto dos resultados pretendidos, detectando as súas causas para propoñer medidas correctoras en caso que sexa necesario.

Contidos conceptuais

Principais alteracións das uñas:

* A descrición, orixe e evolución das malformacións:

-Malformacións de orixe conxénito e malformacións adquiridas: forma, cor e consistencia.

-Malformacións de orixe infecciosa: micoses, infeccións na cutícula, etc.

* Alteracións na consistencia da uña.

* Alteracións do estrato córneo:

-Dermatose irritativa.

-Dermatose alérxica.

* Alteracións do sistema circulatorio e linfático de mans e pés con repercusións estéticas.

Enfermidades profesionais das mans:

* Manifestacións das enfermidades profesionais das mans.

* Enfermidades profesionais máis frecuentes nas mans por contacto con productos de uso frecuente nos salóns de perruquería e estética.

* Medidas de protección.

Coidados e tratamentos estéticos específicos para mans e pés:

* Coidados estéticos das uñas e zona periungueal:

-Técnicas para os coidados estéticos das uñas:

-Desmaquillaxe e limpeza.

-Corte, igualado, limado, etc.

-Rebrandecemento e acondicionamento da cutícula e limado de durezas.

-Pulimentación da lámina.

* Masaxe de mans e pés: técnicas, manobras e efectos, cosmetoloxía específica.

* Cosméticos específicos: cremas, aceites, leites corporais.

* Técnicas de maquillaxe de uñas especiais.

* Tratamentos específicos: medios técnicos, equipos e cosmetoloxía:

-Hidratación, nutrición, exfoliación.

-Procesos e secuencia nos tratamentos específicos de mans e pés.

Proceso de escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Tipos de próteses de uñas: porcelana, fibra de vidro, xel, tips.

* Fases dos procesos de execución:

-Segundo a forma e consistencia das uñas.

-Segundo a harmonía entre as uñas e a fisionomía de mans e pés.

* Técnicas previas que se aplicarán de próteses de uñas: desmaquillaxe, pulido, limado, aplicación de productos protectores, retirada de cutícula.

* Medios técnicos e productos utilizados.

Cosmética específica para manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, aplicación e escultura de próteses de uñas:

* Cosméticos empregados nos procesos de embelecemento das uñas e pel das mans e dos pés:

-Cosméticos para as uñas e zona periungueal.

-Cosméticos para a pel de mans e pés e tratamentos estéticos específicos.

-Cosméticos para a aplicación e escultura de próteses de uñas.

Seguridade e hixiene nos procesos de manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Normas de seguridade e hixiene dos aparellos, útiles e accesorios empregados nos procesos de embelecemento das uñas, mans e pés: limpeza, desinfección e esterilización.

* Medidas de protección da ou do profesional e clientela. Ergonomía.

Control de calidade dos procesos de manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Parámetro que determinan a calidade dos procesos de embelecemento das mans e dos pés:

-Grao de satisfacción da clientela.

-Resultados obtidos: criterios de eficacia.

Contidos actitudinais

Principais alteracións das uñas:

* Actitude crítica para detectar signos e síntomas de alteracións que poidan constituír unha patoloxía, para a súa remisión á consulta médica.

Enfermidades profesionais das mans:

* Valoración da importancia das medidas preventivas na execución de técnicas para o embelecemento de mans e pés, para evitar enfermidades profesionais.

Coidados e tratamentos estéticos específicos para mans e pés:

* Recoñecemento da importancia da correcta execución das distintas técnicas de embelecemento das mans e dos pés para optimiza-los resultados.

* Valoración da importancia da harmonía entre as características morfolóxicas das persoas, as súas preferencias e as técnicas elixidas.

Proceso de escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Valoración da importancia da correcta execución dos procesos de aplicación de próteses de uñas, así como a selección dos medios técnicos e productos necesarios para cada caso.

* Recoñecemento da importancia de ter uns coñecementos amplos sobre os distintos tipos de próteses de uñas.

* Responsabilidade e rigor na aplicación da técnica de escultura e próteses de uñas máis adecuada, tendo en conta as posibles alteracións da lámina ungueal, morfoloxía das mans e pés e demandas da clientela.

* Valoración da importancia de asesora-la clientela sobre a importancia do coidado da pel e uñas de mans e pés.

Cosmética específica para manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, aplicación e escultura de próteses de uñas:

* Responsabilidade na selección de cosméticos para o embelecemento de uñas, mans e pés. Rigor na súa aplicación.

* Valoración da importancia da correcta manipulación e conservación dos cosméticos utilizados nos procesos de embelecemento de uñas, mans e pés para evitar accidentes inesperados e alteracións dos cosméticos.

Seguridade e hixiene nos procesos de manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Recoñecemento da importancia de manter unhas normas e criterios de seguridade e hixiene nos procesos de embelecemento das uñas, mans e pés.

* Rigorosidade na adopción de medidas de protección persoal da clientela, así como da posición anatómica adecuada.

Control de calidade dos procesos de manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés, escultura e aplicación de próteses de uñas:

* Recoñecemento da importancia da prestación dun servicio correcto e de calidade.

* Valoración da importancia de ofrecer unha eficaz hixiene e esterilización nos procesos de embelecemento de uñas, mans e pés e un correcto asesoramento á clientela.

3.2.5. Módulo profesional 5: promoción e venda de productos e servicios no ámbito da estética persoal:

Asociado á unidade de competencia 5: realizar operacións de venda de productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en beleza e de prestación de servicios no ámbito da estética persoal.

Capacidades terminais elementais

* Establecer criterios que permitan unha correcta recepción da clientela que demanda a prestación dos servicios de estética decorativa.

* Analiza-las técnicas de venda de productos e prestación dos servicios tendo en conta o tipo de clientela e as características do producto ou servicio prestado.

* Explica-las técnicas básicas de inicio de relacións comerciais de venda e de negociación necesarias para realiza-lo proceso comercial, valorando a importancia da rendibilidade empresarial.

* Identifica-la tipoloxía do suposto cliente ou clienta e detecta-las súas necesidades/demandas, realizando as propostas oportunas aténdose ás normas da deontoloxía profesional.

* Aplicar técnicas adecuadas de venda de productos e prestación de servicios establecendo criterios que permitan o control de calidade do servicio posvenda, mantendo unha actitude correcta que facilite a decisión do suposto cliente ou clienta.

* Analizar e identifica-las técnicas de comunicación máis utilizadas nos procesos de venda de productos e de servicios en estética persoal profesional, aplicables ás situacións de información e atención á clientela.

* Clasificar e caracteriza-las distintas etapas do proceso comunicativo contextualizándoas en situacións de atención á clientela.

* Aplicar técnicas de comunicación en situacións de atención/asesoramento á clientela, observando o protocolo debido e transmitindo a información de forma clara e precisa, aténdose á ética profesional.

* Analiza-las distintas accións promocionais que poidan desenvolverse no establecemento para rendibiliza-las operacións de venda.

* Identificar e describi-los distintos elementos promocionais que normalmente se utilizan no sector, relacionando a súa utilización coas tipoloxías de clientes e explicando as principais técnicas psicolóxicas que poden utilizarse en cada acción promocional.

* Seleccionar e caracteriza-lo medio de promoción máis adecuado dentro dun establecemento en distintos casos prácticos, calculando a rendibilidade do acordo cos obxectivos previstos.

* Definir procedementos de recollida e tratamento de datos que se xeran na venda de productos e na prestación de servicios, aplicando técnicas de organización da información.

* Deseñar un cuestionario de recollida de información técnico comercial que detalle os principais parámetros que caracterizan o desenvolvemento dunha promoción de vendas nun instituto de beleza.

* Confeccionar ficheiros da clientela a partir dos datos obtidos nas operacións de venda, seleccionando e estructurando a información relevante e utilizando técnicas de arquivo.

* Elaborar informes sobre os obxectivos e resultados dunha promoción de vendas avaliando os resultados obtidos.

* Definir e aplicar medidas que permitan a confidencialidade dos datos.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

O concepto de márketing:

* Análise dos conceptos de promoción e venda.

* Análise e estudio do concepto de márketing e a súa historia.

* Análise e estudio do concepto de márketing mix.

* Estudio da importancia da promoción e venda de productos nos servicios da estética persoal e a súa repercusión na economía do sector.

* Estudio e aplicación de normas de deontoloxía profesional.

Aspectos básicos da venda:

* Clasificación dos tipos de clientela.

* Análise e estudio das variables que condicionan e determinan os intereses de consumo da clientela.

* Estudio e identificación da tipoloxía da clientela e as súas demandas/necesidades.

* Estudio das causas que favorecen a motivación, a frustración, mecanismos de venda e rexeitamento.

* Análise da teoría de Maslow e a pirámide de necesidades e desexos.

O vendedor ou a vendedora:

* Análise e estudio das calidades que debe reunir unha persoa que se dedique á venda.

* Identificación das aptitudes e actitudes necesarias para a venda, e o proceso para o seu desenvolvemento.

* Análise das relacións da persoa de contacto e a clientela, determinando os parámetros que as caracterizan.

* Determinación das características esenciais dos productos e servicios de estética que deba coñece-la persoa que realiza a venda.

A comunicación:

* Análise do proceso de comunicación e as súas etapas, e dos medios ou vehículos para levala a cabo.

* Determinación das actitudes e técnicas de comunicación necesarias para os procesos de promoción e venda.

* Análise e estudio da importancia dos medios de comunicación.

Técnicas de venda:

* Análise dos tipos de técnicas de venda e as súas fases de execución.

* Determinación dos parámetros que se van ter en conta na planificación da negociación.

* Execución de prácticas de venda asociadas á tipoloxía da clientela, aplicando a técnica elixida e tendo en conta as características e modo de aplicación do producto/servicio obxecto da venda.

* Aplicación de técnicas de peche da venda.

A promoción de venda e o merchandising:

* Análise dos obxectivos que persegue a promoción relacionándoos cos tipos de promocións.

* Identificación dos instrumentos de promoción utilizados no sector da estética.

* Determinación das fases do proceso de promoción de cosméticos, utensilios, aparellos ou servicios de estética persoal, tendo en conta os obxectivos que se perseguen, as técnicas de aplicación e os aspectos económicos.

* Aplicación de técnicas de promoción nos productos, aparellos e servicios de estética persoal.

Procedementos de xestión e tratamento da información:

* Elaboración de propostas de venda dirixidas a distinta tipoloxía de clientela.

* Análise de documentación para a promoción e venda de productos e servicios no ámbito da estética persoal decorativa e de promoción de empresas do sector.

* Aplicación de procedementos de recollida e tratamento de datos que se xeran na venda de productos e na prestación de servicios.

* Aplicación de técnicas de organización da información: elaboración de fichas da clientela, confección de ficheiros e arquivos, de informes técnicos comerciais, etc.

Contidos conceptuais

O concepto de márketing:

* Introducción ós conceptos de promoción e venda.

* Concepto de márketing.

* Historia do márketing.

* O márketing mix.

* Importancia da promoción e venda de productos e servicios no ámbito da estética persoal.

* Aptitudes e actitudes requiridas para o/a profesional da estética persoal necesarias para desenvolve-lo campo da promoción, venda e asesoramento a profesionais e clientela.

* Deontoloxía profesional.

Aspectos básicos da venda:

* As necesidades e gustos da clientela.

* Variables que condicionan e determinan os intereses de consumo da clientela.

* A motivación, frustración e mecanismos de defensa.

* A teoría de Maslow.

O vendedor ou a vendedora:

* Calidades que debe reunir unha boa vendedora ou vendedor.

* Aptitudes e actitudes para a venda; o seu desenvolvemento.

* A relación coa clientela.

* Características esenciais dos productos e servicios de estética que deba coñece-la persoa que realiza a venda.

A comunicación:

* Etapas do proceso de comunicación.

* Actitudes e técnicas de comunicación.

Técnicas de venda:

* Tipos de técnicas de venda.

* Fases da venda.

* Planificación da negociación.

* Prácticas de venda aplicadas á tipoloxía da clientela.

* O peche da venda.

A promoción de venda e o merchandising:

* Principais obxectivos que persegue a promoción.

* Instrumentos promocionais utilizados no sector.

* A demostración de productos cosméticos, utensilios ou aparellos de uso en beleza ou dun servicio de estética persoal profesional como instrumento de promoción utilizado no ámbito da estética:

-Puntos que se deben destacar na demostración.

-Técnicas de aplicación.

-Formas de activa-lo punto de venda a través do merchandising.

Procedementos de xestión e tratamento da información:

* Elaboración e presentación de informes.

* Técnicas de arquivo.

* Elaboración de ficheiros.

Contidos actitudinais

O concepto de márketing:

* Recoñecemento da importancia de actuar dentro do marco da deontoloxía profesional nos procesos de promoción de venda de productos, aparellos e servicios de estética persoal.

* Interese polo estudio dos conceptos básicos da venda, promoción e márketing na profesión da estética persoal.

Aspectos básicos da venda:

* Espírito crítico, dentro do respecto ás diferencias, para a determinación da tipoloxía da clientela, interpretando correctamente as variables que determinan esta tipoloxía.

* Respecto polas demandas/necesidades da clientela nos procesos de venda e promoción.

O vendedor ou a vendedora:

* Responsabilidade e interese por desenvolver aptitudes e actitudes necesarias para as persoas que se dedican á venda.

* Respecto, trato cortés e amable nas relacións coa clientela.

* Interese por coñece-las características dos productos e servicios de estética que son obxecto de venda ou promoción.

A comunicación:

* Recoñecemento da importancia dunha boa comunicación entre a emisora da mensaxe, persoa ou empresa, e persoa ou persoal receptoras como punto de partida para unha correcta operación de venda.

* Interese e espírito crítico na análise da influencia dos medios de comunicación nos procesos de venda.

Técnicas de venda:

* Interese polo estudio das técnicas e fases da venda necesarias para o proceso de promoción e venda.

* Responsabilidade na planificación da negociación, no desenvolvemento do proceso e peche da venda.

* Respecto pola actitude da clientela ante a venda, tanto se se produce aceptación do producto como se se produce unha indecisión ou un rexeitamento.

A promoción de venda e o merchandising:

* Recoñecemento da importancia da promoción como medio para desenvolver e potencia-la venda de productos, aparellos e servicios de estética persoal.

* Interese por desenvolver cualidades axeitadas para realiza-la demostración e promoción dos productos e servicios de estética persoal.

* Respecto pola privacidade da clientela nas demostracións e promocións de productos e servicios.

Procedementos de xestión e tratamento da información:

* Interese e iniciativa na elaboración de propostas de venda.

* Responsabilidade na análise da documentación necesaria para o desenvolvemento de técnicas de promoción e venda.

* Interese pola orde e pulcritude na elaboración de informes, confección de ficheiros e aplicación de técnicas de organización de información en xeral.

* Responsabilidade na confidencialidade dos datos persoais da clientela obtidos durante o proceso de promoción e venda.

3.2.6. Módulo profesional 6: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 6: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenien

tes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto da duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa:

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional transversal 7: anatomía e fisioloxía humanas básicas:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las funcións principais que se realizan no corpo humano relacionándoas coas estructuras dos sistemas e aparellos encargados de desenvolvelas.

* Analiza-la estructura da pel e anexos, relacionándoas coas funcións que realizan no corpo humano e cos procesos de estética decorativa.

* Describi-la topografía, o aspecto externo, as características e propiedades da pel eutrófica en relación coas súas funcións.

* Describi-la estructura do pelo e explica-la distribución sobre a superficie cutánea valorando a súa importancia como característica diferencial en canto á idade, sexo e raza.

* Relaciona-la estructura dos anexos cutáneos glandulares coa súa actividade secretora, cos factores que desencadearon a súa actividade e coa composición e función da súa secreción.

* Analiza-la funcións da pel relacionándoas coas estructuras histolóxicas responsables.

* Estudia-la permeabilidade cutánea e a súa relación coa penetración de cosméticos.

* Analiza-los tipos de pel, clasificándoos segundo a súa secreción, e relacionándoos coas alteracións máis frecuentes da pel con repercusión estética.

* Describi-lo proceso de envellecemento da pel explicando os cambios que se producen na súa estructura e composición, e consecuencias no aspecto externo.

* Describi-la estructura das uñas e as principais patoloxías de repercusión estética.

* Describi-la anatomía, fisioloxía e patoloxías de mans e pés relacionándoas con procesos de manicura e pedicura.

* Valora-la importancia da práctica de hábitos de vida saudable, relacionándoa coas súas repercusións positivas na imaxe física das persoas.

* Analiza-las principais reaccións adversas da pel ante axentes externos e productos cosméticos, describindo os signos e síntomas que caracterizan as reaccións de sensibilidade, e determinando, en consecuencia, as medidas que terán que tomarse para a súa prevención ou para palialas.

* Analiza-las enfermidades profesionais das mans de aparición frecuente nos traballadores e traballadoras dos salóns de perruquería e de beleza, e determina-las medidas que se tomarán para a súa prevención.

* Analiza-los tipos de accidentes máis frecuentes que poden ter lugar nos establecementos de perruquería e salóns de beleza, describindo signos e síntomas, e relacionándoos coas causas que os producen.

* Determinar qué medidas de primeiros auxilios deberán adoptarse para minimiza-las consecuencias dos accidentes máis frecuentes nos establecementos de perruquería e salóns de beleza.

Contidos (duración 105 horas)

Contidos procedementais

Os sistemas e aparellos do corpo humano:

* Análise e interpretación da organización e topografía do corpo humano, relacionándoa coas unidades estructurais que o compoñen: células, tecidos, órganos e aparellos.

* Interpretación e diferenciación dos procesos e mecanismos que interveñen nos aparellos e sistemas implicados nas funcións de nutrición: aparello dixestivo, aparello respiratorio, aparello circulatorio e aparello excretor.

* Interpretación e diferenciación dos procesos e mecanismos que interveñen nos aparellos e sistemas implicados nas función de relación e reproducción: sistema nervioso, sistema endocrino, aparello locomotor, aparello reproductor.

Control e regulación das funcións vitais:

* Realización de investigacións e utilización de modelos para a comprobación do control e regulación das funcións vitais.

* Realización de experiencias para detectar diferentes respostas ante determinados estímulos: térmicos, táctiles, etc.

O órgano cutáneo:

* Observación da pel e interpretación e recoñecemento das súas características xerais: superficie, eminencias, depresións, cor, etc.

* Análise da estructura e funcións do órgano cutáneo, relacionando os aspectos fisiolóxicos coas estructuras histolóxicas responsables.

* Análise da estructura e funcións dos anexos cutáneos, relacionado os aspectos fisiolóxicos coas estructuras histolóxicas responsables.

* Estudio das funcións da pel relacionándoas coas estructuras histolóxicas responsables.

* Estudio da permeabilidade cutánea e a súa relación coa penetración dos cosméticos.

* Clasificación dos tipos de pel segundo distintos parámetros: emulsión epicutánea, cor, textura, etc.

* Análise, estudio e recoñecemento das transformacións que sofre a pel no proceso de envellecemento cutáneo.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés e a súa relación cos procesos de manicura e pedicura:

* Análise e descrición da anatomía de mans e pés.

* Observación, identificación e diferenciación das alteracións ungueais con repercusión estética, relacionándoas cos procesos de manicura e pedicura.

* Identificación dos principais trastornos e diferencias de mans e pés para a súa remisión a consulta médica se fose necesario.

As reaccións adversas e os accidentes. Primeiros auxilios:

* Análise dos tipos de accidentes máis frecuentes nos salóns de perruquería e das medidas que se deben tomar para previlos.

* Simulación de aplicación de medidas elementais de socorrismo en caso de accidentes.

* Análise e estudio das reaccións adversas ou inesperadas da pel fronte a axentes externos e/ou productos cosméticos.

A dieta e a súa influencia no corpo humano:

* Análise e estudio das necesidades enerxéticas dunha persoa en distintas situacións: en condicións basais, con traballo sedentario, exercicio moderado, estados fisiolóxicos como o embarazo, adolescencia, etc.

* Realización de cálculos para establece-la dieta equilibrada ó longo dun día en distintas situacións e con distintos requirimentos nutritivos.

* Análise da influencia da dieta na pel, cabelo e na imaxe física das persoas.

Enfermidades profesionais de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e beleza:

* Análise e estudio das enfermidades profesionais de aparición frecuente nos salóns de perruquería e beleza.

* Establecemento de normas de seguridade e medidas de prevención dos danos profesionais e riscos das actividades de perruquería e beleza.

Contidos conceptuais

Os sistemas e aparellos do corpo humano:

* Funcións e estructura microscópica corporal:

-Histoloxía e fisioloxía celular. Funcións celulares.

-Estructura e función dos diferentes tecidos: epitelial, conectivo, muscular, nervios.

* Organización e topografía do corpo humano:

-Termos usados para describi-la estructura corporal.

-Xeneralidades sobre a estructura e funcións corporais.

* Aparellos e sistemas implicados nas funcións de nutrición:

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello dixestivo.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello respiratorio.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do sistema circulatorio sanguíneo e linfático.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello excretor.

* Aparellos e sistemas implicados nas funcións de relación e reproducción:

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do sistema nervioso.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do sistema endócrino.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello locomotor.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello reproductor feminino e masculino.

Control e regulación das funcións vitais:

* Control e regulación nerviosos:

-Impulso nervioso e sinapse.

-Organización do sistema nervioso.

-Órganos dos sentidos.

* Control e regulación endócrinos:

-Mecanismo de acción das hormonas.

-Regulación hormonal.

O órgano cutáneo:

* A pel: características xerais e propiedades:

-Estructura histolóxica: epiderme, derme, tecidos subcutáneos, vascularización e innervación.

-Fisioloxía da epiderme: queratoxénese e melanoxénese.

-Funcións.

-Envellecemento cutáneo.

* Anexos cutáneos:

-Glándulas sebáceas: histoloxía, secrecións, funcións.

-Glándulas sudoríparas: tipos, secrecións, funcións.

-As uñas: descrición, estructura, funcións. Formación e crecemento.

-O pelo: tipos, estructura, funcións, características. Ciclo vital.

* Emulsión epicutánea:

-Compoñentes. Tipos.

* Tipos de pel. Clasificación segundo distintos parámetros: caracteres secretorios: cor, textura, etc. Coidados estéticos.

* Permeabilidade cutánea. Penetración de cosméticos.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés e a súa relación cos procesos de manicura e pedicura:

* Anatomía de mans e pés:

-Ósos.

-Artellos.

-Músculos.

-Principais vasos e nervios.

* Fisioloxía de mans e pés. Principais trastornos e deformacións de mans e pés.

* Alteracións ungueais patolóxicas e non patolóxicas con repercusión estética.

* Relación da morfoloxía de mans, pés e uñas cos procesos de manicura e pedicura.

As reaccións adversas e os accidentes. Primeiros auxilios:

* Accidentes máis frecuentes nos salóns de perruquería e de beleza.

* Técnicas de primeiros auxilios aplicables ós accidentes máis comúns nos salóns de perruquería e beleza. Pautas de actuación.

* Reaccións adversas e inesperadas ante axentes externos e/ou cosméticos usados nos procesos de perruquería e de beleza.

* Medidas xerais para previ-los efectos indesexables dos cosméticos.

A dieta e a súa influencia no corpo humano:

* Introducción á dietética. Composición dos alimentos: glícidos, lípidos, proteínas, sales minerais, vitaminas.

* Dieta equilibrada: requirimentos enerxéticos e nutritivos.

* Fitoterapia e oligoterapia.

* Influencia da dieta no estado da pel, cabelo e imaxe física das persoas.

* Hábitos de vida saudable e promoción da saúde.

Enfermidades profesionais de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e beleza:

* Enfermidades profesionais máis frecuentes no persoal dos salóns de perruquería e de beleza:

-Por axentes físicos.

-Por axentes químicos.

-Por axentes vivos.

-Por traumatismos, estadías prolongadas de pé, etc.

* Enfermidades profesionais de mans de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e de beleza:

-Dermatite.

-Alteracións ungueais.

-Outras.

Contidos actitudinais

Os sistemas e aparellos do corpo humano:

* Recoñecemento e valoración das particularidades do corpo humano e da constitución humana como organismo.

* Respecto pola individualidade biolóxica, entendendo que tódalas persoas somos iguais no fundamental. Tolerancia e respecto polas diferencias individuais que teñan a súa orixe en características corporais físicas.

Control e regulación das funcións vitais:

* Estima-la importancia da forma na que o ser humano se relaciona co medio externo e cos seus semellantes.

O órgano cutáneo:

* Interese polo estudio do órgano cutáneo e anexos e a súa importancia como substrato sobre o que actúan tódolos procesos de estética decorativa.

* Actitude crítica fronte ás informacións e propagandas dos medios de comunicación, en relación cos coidado e técnicas de embelecementos estéticos.

* Predisposición e interese por recadar información e dedicar esforzo persoal e iniciativa ás actividades de formación relacionadas co estudio da pel e os seus anexos e cos procesos da estética decorativa relacionados.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés e a súa relación cos procesos de manicura e pedicura:

* Recoñecemento da importancia de prever alteracións ungueais e deformacións de mans e pés, como parte da saúde integral e non só con fin estético.

As reaccións adversas e os accidentes. Primeiros auxilios:

* Valoración da importancia de tomar precaucións no manexo de productos químicos e cando se utilizan medios técnicos requiridos na profesión de técnico en estética persoal decorativa. Precaución ante a nocividade de certos materiais, e coidado no seu manexo e utilización.

* Respecto polas normas e criterios establecidos para o uso e control de materiais utilizados na profesión.

* Aceptación e consideración da importancia de dispoñer dun contorno de traballo equilibrado, seguro e saudable.

A dieta e a súa influencia no corpo humano:

* Interese polo coidado do propio corpo e dos demais, atendendo ás particularidades e constitución anatomofisiolóxicas básicas de cada persoa.

* Valoración dos efectos que teñen sobre a saúde os hábitos de alimentación, hixiene e coidado corporal.

* Recoñecemento dos efectos beneficiosos dunha dieta equilibrada sobre a pel, o cabelo e a imaxe física das persoas.

Enfermidades profesionais de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e beleza:

* Recoñecemento da importancia das medidas preventivas hixiénicas, protectoras, posturais, etc. destinadas a evita-la aparición de enfermidades profesionais.

* Interese por saber interpreta-los procesos patolóxicos máis frecuentes que ocorren nas mans e nos pés e que teñen lugar como consecuencia da actividade profesional.

3.3.2. Módulo profesional transversal 8: cosmetoloxía aplicada á estética decorativa:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los distintos mecanismos de actuación dos productos cosméticos sobre o corpo humano, en función da súa composición cualitativa.

* Clasifica-los cosméticos en función da súa acción principal e o seu lugar de actuación.

* Estudia-lo mecanismo de acción principal dos distintos cosméticos, analizando os factores que poden alterar estes mecanismos de acción.

* Esquematiza-la composición xeral dos cosméticos utilizados nos procesos de estética decorativa, explicando a función de cada un dos compoñentes básicos.

* Analiza-los efectos dos productos cosméticos utilizados nos procesos de estética persoal decorativa deducindo criterios que permitan avalia-los resultados obtidos.

* Analiza-los procesos de estética persoal decorativa e os seus fundamentos científicos, relacionándoos cos mecanismos de acción dos cosméticos utilizados e coa súa composición.

* Executar destramente e en condicións de seguridade e hixiene as operacións fisicoquímicas necesarias para a preparación e manipulación de productos cosméticos para a súa utilización nos procesos de estética persoal decorativa.

* Analiza-la lexislación vixente sobre productos cosméticos, identificando os aspectos máis significativos.

* Establecer normas deontolóxicas de aplicación na profesión de estética persoal decorativa.

* Analiza-los factores que poidan producir alteracións na composición de productos cosméticos, relacionando as alteracións da composición cos cambios que se producen nas súas propiedades organolépticas.

* Establecer pautas para o almacenamento e manipulación de productos cosméticos para mantelos en condicións óptimas de uso.

* Analiza-las reaccións adversas que se poden producir na aplicación de cosméticos, indicando os factores que poden desencadear estas reaccións.

* Identifica-los signos e síntomas que deben valorarse para preve-la posible aparición de reaccións adversas na aplicación de cosméticos.

* Analiza-las interaccións que poden producirse entre productos cosméticos e entre cosméticos e tratamentos medicamentosos, deducindo as precaucións necesarias para evitar que se produzan.

* Analiza-las semellanzas e diferencias entre os productos cosméticos e os de uso profesional, valorando a súa importancia na producción e venda de productos.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Introducción á química cosmética:

* Estudio e repaso de conceptos básicos en química: ácido, base, oxidación e reducción.

* Análise das características e comprobación das propiedades das substancias de uso frecuente en estética: auga, alcohol, amoníaco e auga osixenada.

* Análise das características e propiedades de disolucións e sistemas dispersos.

* Estudio da composición xeral e aplicacións cosméticas de disolucións, suspensións, emulsións e dispersións coloidais.

* Análise das propiedades que lles confiren ás substancias os grupos químicos funcionais máis representativos.

Cosmetoloxía xeral:

* Estudio das distintas definicións de cosmético e da diferencia entre cosmético e medicamento.

* Análise da composición xeral dun cosmético: excipiente e substancias activas.

* Clasificación dos cosméticos segundo: o lugar de aplicación, a forma cosmética e a función principal.

* Estudio e identificación das distintas formas cosméticas en que se pode presentar un cosmético.

* Análise da documentación/información que adoita acompañar ós productos cosméticos e medicamentos.

* Estudio dos mecanismos de actuación e penetración dos cosméticos.

Lexislación sobre productos cosméticos:

* Análise da lexislación española e europea sobre productos cosméticos.

* Análise da información que ofrecen os productos cosméticos, comprobando que se cumpre a lexislación vixente.

Deontoloxía profesional:

* Análise do concepto de responsabilidade profesional, de honestidade profesional, do secreto profesional e dos dereitos e deberes na profesión de estética decorativa.

Cosmética específica para o cabelo:

* Clasificación dos productos cosméticos para o cabelo segundo a función e segundo a forma cosmética.

* Análise e estudio da composición básica dos cosméticos específicos para o cabelo.

Cosmética específica para manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés e escultura e adaptación de próteses de uñas:

* Clasificación dos cosméticos específicos usados nos procesos de manicura e pedicura e coidados estéticos de mans e pés.

* Análise e estudio da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados nos tratamentos estéticos da pel de mans e pés.

* Análise e estudio da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados para o coidado das uñas e específicos para a zona periungueal.

* Análise e estudio da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados para a maquillaxe de uñas de mans e pés.

* Análise e estudio dos cosméticos usados para a escultura e adaptación de próteses de uñas.

Cosmética de hixiene para a pel de rostro e do corpo:

* Clasificación dos cosméticos usados na hixiene da pel do rostro e do corpo.

* Análise e estudio da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados na hixiene da pel do rostro e do corpo: limpadores, exfoliantes, tonificantes, desmaquilladores.

* Determinación de criterios de selección para a utilización de cosméticos usados na hixiene da pel de rostro e corpo.

Cosméticos depilatorios e complementarios:

* Clasificación dos cosméticos depilatorios segundo o seu mecanismo de acción.

* Análise e estudio da composición básica dos cosméticos depilatorios físicos e químicos.

* Análise e estudio da composición básica dos cosméticos retardadores da peluxe e dos seus mecanismos de acción.

* Análise e estudio da composición básica e mecanismos de acción dos cosméticos decolorantes da peluxe.

Cosmética para a maquillaxe:

* Clasificación dos cosméticos para a maquillaxe segundo o seu lugar de acción.

* Análise e estudio da composición básica, formas cosméticas e uso dos cosméticos usados na maquillaxe da pel de cara e corpo, de ollos e de labios.

* Estudio da composición, formas cosméticas e uso dos cosméticos específicos para a maquillaxe corporal e de fantasía.

Cosmética para a protección contra o sol e para o bronceado natural ou artificial:

* Análise e estudio da composición básica dos cosméticos para a protección antes da exposición ó sol.

* Clasificación dos cosméticos protectores dos raios solares segundo o seu mecanismo de acción.

* Análise e estudio da composición básica dos cosméticos protectores dos raios solares.

* Análise e estudio da composición básica dos cosméticos usados para despois do sol.

* Análise e estudio da composición básica e uso dos cosméticos bronceadores sen sol.

Os perfumes:

* Estudio da composición xeral dos perfumes e a súa aplicación no perfumado de cosméticos.

* Descrición do concepto de aromaterapia e as súas aplicacións en estética.

Operacións fisicoquímicas para preparación e uso dos productos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética persoal decorativa:

* Identificación das operacións e material necesario para a preparación e manipulación de cosméticos de uso frecuente en estética persoal decorativa.

* Realización de operacións sinxelas necesarias para a preparación e manipulación de productos cosméticos: medicións, filtracións, decantacións, homoxeneizacións, elaboración de filtros, etc.

* Realización de operacións para a extracción de substancias activas: infusións.

* Preparación de cosméticos sinxelos para uso inmediato: disolucións, emulsións temporais, suspensións temporais, máscaras faciais.

Seguridade e hixiene na manipulación e aplicación de productos cosméticos:

* Identificación dos factores que inciden negativamente na conservación de productos cosméticos.

* Observación das alteracións producidas nos productos cosméticos por incorrecta manipulación ou almacenaxe.

* Establecemento de pautas para unha correcta organización do almacén, e para a detección das posibles alteracións de productos cosméticos.

* Determinación das precaucións que se deben tomar nas operacións de preparación e manipulación de productos cosméticos.

* Estudio dos accidentes cosméticos máis frecuentes, relacionándoos coas súas causas e consecuencias.

* Identificación das principais reaccións adversas e enfermidades profesionais relacionadas coa manipulación de productos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética decorativa.

Contidos conceptuais

Introducción á química cosmética:

* Concepto de ácido e base, oxidación e reducción.

* Características e propiedades das substancias de uso frecuente en estética: auga, alcohol, amoníaco, auga osixenada.

* Disolucións: características, propiedades. Expresión da concentración. Aplicación en cosmética.

* Sistemas dispersos:

-Suspensións: composición xeral, propiedades. Aplicacións en cosmética.

-Emulsións: fases, composición xeral e tipos. Aplicacións en cosmética.

-Dispersións coloidais: características e propiedades. Aplicacións en cosmética.

* Conceptos básicos de química orgánica con aplicación en cosmética: propiedades que lles confiren ás substancias os grupos funcionais máis representativos.

Cosmetoloxía xeral:

* Productos cosméticos: definición, composición xeral.

* Clasificación de productos cosméticos en función do seu lugar de aplicación, a súa forma cosmética e a súa función principal.

* Formas cosméticas.

* Penetración e mecanismos de actuación dos cosméticos.

Lexislación sobre productos cosméticos:

* Lexislación española.

* Lexislación da UE.

Deontoloxía profesional:

* Responsabilidade profesional. Segredo profesional.

Cosmética específica para o cabelo:

* Composición, función, formas cosméticas, mecanismo de actuación, clasificación e utilización de:

-Cosméticos para a hixiene e acondicionamento do cabelo.

-Cosméticos de mantemento e protección.

-Cosméticos decorativos para o cabelo, de uso profesional e non profesional.

-Cosméticos de uso técnico para procesos de cambios de forma do cabelo.

Cosmética específica para manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés e escultura e adaptación de próteses de uñas:

* Composición, función, mecanismo de actuación, clasificación, utilización e formas cosméticas de:

-Cosméticos para a pel de mans e pés.

-Cosméticos para o coidado das uñas e específicos para a zona periungueal.

-Cosméticos para a maquillaxe de uñas.

-Productos utilizados na escultura e adaptación de próteses de uñas.

Cosmética de hixiene para a pel de rostro e do corpo:

* Composición básica, mecanismos de actuación, formas cosméticas e usos de:

-Productos limpadores.

-Productos exfoliantes.

-Productos tonificantes.

-Productos desmaquilladores.

* Criterios de selección para os cosméticos de hixiene.

Cosméticos depilatorios e complementarios:

* Cosméticos depilatorios: métodos físicos e químicos.

* Retardadores do crecemento da peluxe.

* Decolorantes da peluxe.

Cosmética para a maquillaxe:

* Cosméticos para a maquillaxe do rostro e corpo:

-Maquillaxe de fondo: composición. Formas cosméticas. Características.

-Bases correctoras: composición. Formas cosméticas. Características.

-Pos faciais: composición. Formas cosméticas. Características.

-Maquillaxes de camuflaxe: composición. Formas cosméticas. Características.

-Maquillaxes especiais: composición. Formas cosméticas. Características.

* Cosméticos para a maquillaxe de ollos:

-Sombreadores de pálpebras: composición. Formas cosméticas. Características.

-Perfiladores de ollos: composición. Formas cosméticas. Características.

-Maquillaxe de pestanas: composición. Formas cosméticas. Características.

-Maquillaxe de cellas: composición. Formas cosméticas. Características.

* Cosméticos para a maquillaxe de beizos:

-Barras de beizos: composición. Formas cosméticas. Características.

-Perfiladores de beizos: composición. Formas cosméticas. Características.

-Outros cosméticos para beizos.

* Productos específicos para a maquillaxe corporal e de fantasía.

Cosmética para a protección contra o sol e para o bronceado natural ou artificial:

* Productos cosméticos para a protección antes da exposición ó sol: composición básica. Características.

* Productos para cosméticos protectores dos raios solares: composición. Tipos. Criterios para a súa elección.

* Productos cosméticos para despois da exposición ó sol: composición. Características.

* Bronceadores sen sol.

Os perfumes:

* Composición xeral. Perfumado de cosméticos.

* Introducción ó concepto de aromaterapia e as súas aplicacións en estética.

Operacións fisicoquímicas para preparación e uso dos productos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética persoal decorativa:

* Medidas de peso e volume: expresión e execución da práctica de medicións.

* Operacións de separación de compoñentes por procedementos físicos.

* Homoxeneización.

* Operacións para a extracción de substancias activas: infusións.

* Operacións para preparar cosméticos sinxelos para uso inmediato: emulsións temporais, disolucións, suspensións temporais, máscaras.

Seguridade e hixiene na manipulación e aplicación de productos cosméticos:

* Conservación dos productos cosméticos:

-Factores que inciden negativamente na conservación de productos cosméticos.

-Manifestación das alteracións producidas nos productos cosméticos e detección delas.

* Precaución nas operacións de preparación e manipulación de productos cosméticos.

* Accidentes cosméticos: causas e consecuencias.

* Enfermidades profesionais relacionadas coa manipulación dos productos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética persoal decorativa.

Contidos actitudinais

Introducción á química cosmética:

* Interese polo estudio dos conceptos básicos de química con aplicación en cosmética, recoñecendo a súa importancia para o coñecemento da cosmetoloxía.

Cosmetoloxía xeral:

* Recoñecemento da importancia do coñecemento da composición básica de cosméticos nos estudios de técnico ou técnica en estética persoal decorativa.

Lexislación sobre productos cosméticos:

* Recoñecemento da importancia dun coñecemento básico da lexislación española e europea sobre productos cosméticos para as e os profesionais da estética.

Deontoloxía profesional:

* Toma de conciencia da importancia de aplicar normas de deontoloxía profesional no trato coa clientela.

Cosmética específica para o cabelo:

* Interese pola busca de información técnica sobre a composición de cosméticos, para coñece-los seus mecanismos de acción.

* Espírito crítico nas informacións recollidas sobre os efectos dos cosméticos.

* Interese polo estudio dos cosméticos para o cabelo, relacionando a súa composición coas súas funcións e usos.

Cosmética específica para manicura, pedicura, tratamentos estéticos específicos de mans e pés e escultura e adaptación de próteses de uñas:

* Recoñecemento da importancia do estudio dos cosméticos usados en manicura e pedicura para coñece-los seus efectos e aplicacións.

* Valoración da importancia das medidas hixiénicas e preventivas para evitar alteracións nas mans e pés non só como fin estético senón como unha práctica de saúde.

Cosmética de hixiene para a pel de rostro e do corpo:

* Recoñecemento da importancia da correcta elección dos cosméticos de hixiene relacionándoos cos tipos de pel.

Cosméticos depilatorios e complementarios:

* Valoración da necesidade de posuír un bo coñecemento das técnicas de epilación e depilación para realiza-la elección máis axeitada a cada tipo de cliente.

* Toma de conciencia de que os métodos para a eliminación e disimulo da peluxe corporal com

porta riscos para a pel, polo que é de grande importancia o bo coñecemento de tódolos procesos de aplicación e precaución de uso.

Cosmética para a maquillaxe:

* Valoración da importancia de efectuar unha boa selección do producto, pois diso depende que se obteñan mellores resultados.

* Responsabilidade para prestar atención suficiente ás reaccións adversas que se poidan derivar da aplicación de cosméticos para a zona ocular.

* Interese por actualiza-los coñecementos e coñece-los últimos adiantos no campo da maquillaxe.

Cosmética para a protección contra o sol e para o bronceado natural ou artificial:

* Valoración da importancia dunha correcta protección solar para preve-los efectos prexudiciais do sol.

* Interese por coñece-las alteracións cutáneas máis frecuentes debidas a unha exposición inadecuada ó sol e as lámpadas de bronceado artificial.

* Responsabilidade na orientación e asesoramento sobre os cosméticos de protección solar.

Os perfumes:

* Valoración da importancia da perfumería, tanto no ámbito da cosmética como nos das relacións sociais.

Operacións fisicoquímicas para preparación e uso dos productos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética persoal decorativa:

* Interese pola preparación de productos cosméticos sinxelos, non só como parte integrante das operacións necesarias para a súa manipulación e aplicación, senón como unha forma de estudio e comprensión da súa composición.

* Respecto polas normas de manipulación de productos químicos e de uso de medios materiais no laboratorio.

* Preocupación pola hixiene e coidado dos medios materiais usados na preparación e manipulación de productos cosméticos.

Seguridade e hixiene na manipulación e aplicación de productos cosméticos:

* Recoñecemento da importancia dunha boa almacenaxe e conservación dos productos cosméticos para evitar alteracións neles.

* Responsabilidade na manipulación e uso de productos cosméticos para evitar accidentes cosméticos, reaccións adversas e/ou enfermidades profesionais.

* Recoñecemento da importancia de coñecer e detecta-las reaccións adversas producidas por productos cosméticos para actuar en caso necesario.

* Preocupación por previ-las enfermidades profesionais adoptando as medidas e posturas anatómicas necesarias.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Participar nas actividades de recepción e atención xeral á clientela.* Recibir e atende-la clientela, amosando unha actitude correcta.
* Realizar reservas de servicios no establecemento de beleza, segundo os procedementos da empresa, persoalmente ou mediante cita telefónica, rexistrando os servicios requiridos na axenda en función das demandas da clientela.
* Preparar e protexe-la clientela coa indumentaria apropiada para a prestación do servicio, custodiando as pezas de roupa de vestir o tempo que permanece no establecemento.
* Rexistrar no soporte habitual (ficha técnica ou informe da clientela) a información técnica necesaria para a prestación do servicio.

2.Aplicar técnicas de limpeza, desinfección e esterilización nas instalacións, nos equipos e útiles utilizados nos establecementos de estética.* Utilizar destramente os medios técnicos necesarios para limpar, desinfectar e/ou esteriliza-los equipos e medios técnicos utilizados nos establecementos de beleza, realizando os cálculos necesarios para a súa execución.
* Realiza-los procedementos de hixiene, desinfección e esterilización dos útiles cortantes (tesoiras, alicates) e outros utilizados nos procesos de estética decorativa, aplicando medidas de protección e rexeitando, en condicións de seguridade e hixiene, o material dun só uso.

3.Control e organización do almacén.* Ordena-lo almacén atendendo ós criterios de control e almacenaxe do material da empresa e tendo en conta as normas de seguridade e hixiene na conservación dos productos cosméticos.

4.Participar no asesoramento á clientela, tendo en conta as necesidades e demandas en canto ós diferentes servicios que se poden prestar nos salóns de estética.* Aplicar técnicas de entrevista e diálogo coa clientela para detecta-las posibles demandas e necesidades baixo supervisión directa.

* Estudia-la imaxe da clientela, as súas características morfolóxicas, condicións e características da pel, uñas, sistema piloso para elaborar propostas axeitadas ás demandas da clientela.

* Propoñer solucións ante a directora ou director técnico do equipo para responder ás necesidades/demandas da clientela.
* Asistir, coa actitude axeitada, a proposición dos cambios estéticos efectuados á clientela pola dirección técnica.
* Elaborar debuxos do esquema do rostro que reflictan as correccións de maquillaxes propostas á clientela.
* Localizar e utilizar axeitadamente o material de apoio na proposta presentada á clientela.

5.Participar na identificación das alteracións de tipo piloso; do tipo de pel da cara e corpo así como das uñas e zona periungueal das mans e dos pés con repercusión estética.* Prepara-los medios técnicos necesarios e colaborar co persoal especializado no diagnóstico estético de alteracións de tipo piloso, do tipo de pel do rostro e do corpo, así como das uñas e zona periungueal, logo de acomoda-la clientela.
* Participar, baixo instruccións no diagnóstico das distintas alteracións estéticas e determinar cando é necesario remitir a consulta especializada.
* Participar no seguimento do tratamento, colaborando coa supervisión técnica no asesoramento sobre os coidados cosmetolóxicos e prácticas de saúde que favorezan a optimización dos resultados.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

6.Aplicar técnicas de depilación mecánica e decoloración da peluxe, baixo instruccións e supervisión directa.* Prepara-los medios técnicos necesarios para a depilación mecánica ou decoloración da peluxe, logo de acomodación e protección da clientela e do profesional.
* Realiza-las fases dos procesos de depilación mecánica ou decoloración da peluxe: determinación da técnica e productos, execución e valoración dos resultados, baixo a supervisión técnica directa.
* Manexar destramente os aparellos e medios técnicos necesarios para a depilación mecánica ou decoloración da peluxe, comprobando que se cumpran as medidas de seguridade e hixiene.

7.Participar nas operacións técnicas de limpeza da pel do rostro e do corpo.* Prepara-los medios técnicos necesarios para a limpeza da pel do rostro ou do corpo, logo de acomodación e protección da clientela e o profesional.
* Aplicar técnicas de estética facial ou corporal, manexando destramente útiles, aparellos e cosméticos e comprobando que se cumpren as medidas de seguridade e hixiene.

8.Aplicar distintas técnicas de masaxe facial e corporal, baixo supervisión directa.* Realizar distintas manobras de masaxe facial e corporal relacionadas coa hixiene, sempre baixo supervisión directa, e adoptando medidas de acomodación e protección á clientela e ó profesional.
* Promover hábitos de vida saudables da clientela e asesorala en canto ós coidados cosméticos para mante-la pel en óptimas condicións.

9.Operar e programar destramente os diferentes aparellos utilizados para a limpeza facial e corporal baixo supervisión directa.* Prepara-los distintos aparellos que se poden utilizar nos procesos de hixiene facial e corporal comprobando que se cumpran as normas de seguridade e hixiene.
* Manexar e programar destramente os equipos de apoio nos procesos de estética facial e corporal logo de protección da clientela e do profesional, baixo supervisión técnica directa.

10.Aplicar técnicas de manicura, pedicura, masaxe de mans e pés e maquillaxe de uñas baixo instruccións e supervisión directa.* Utiliza-los medios de protección persoal e da clientela, adoptando a posición anatómica axeitada e comprobando que se cumpren as normas de seguridade e hixiene necesarias para os procesos de manicura, pedicura, masaxe de mans e pés e maquillaxe de uñas.
* Prepara-los medios técnicos e executa-las fases dos procesos de manicura e pedicura, masaxe e maquillaxe de uñas.

11.Participar nas operacións técnicas dos distintos tratamentos estéticos de mans e pés.* Prepara-los medios técnicos (útiles, productos cosméticos e aparellos) para a realización dos diferentes tratamentos específicos de mans e pés, así como das uñas e zona periungueal.
* Executar baixo a supervisión directa as fases dos procesos dos distintos tratamentos estéticos de mans e pés, logo de acomodación e protección persoal e da clientela e tendo en conta as normas de seguridade e hixiene.

12.Participar nas operacións técnicas de aplicación dos distintos tipos de próteses de uñas e maquillaxes especiais destas.* Prepara-los medios técnicos necesarios para os procesos de aplicación de próteses de uñas, comprobando que se cumpren as normas de seguridade e hixiene.
* Participar, baixo supervisión directa, nos procesos de aplicación dos diferentes tipos de próteses de uñas, atendendo á morfoloxía das mans e pés e a forma das uñas, logo de acomodación e protección da clientela e da profesional.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

13.Realizar distintos tipos de maquillaxe baixo instruccións e supervisión directa.* Elaborar propostas de maquillaxe personalizada, atendendo ás demandas da clientela e á morfoloxía do rostro, baixo supervisión técnica directa.
* Prepara-los medios técnicos e acomodar e protexer á clientela e ó profesional para a execución dos distintos tipos de maquillaxe de día, noite, TV, fotografía... así como maquillaxes de fantasía; atendendo ás indicacións do técnico especializado e adoptando normas de seguridade e hixiene.
* Executar baixo supervisión directa os distintos tipos de maquillaxe facial e corporal.

14.Participar nas operacións técnicas de tinguidura e cambio de forma das pestanas.* Prepara-los medios técnicos necesarios para a tinguidura e o rizado e desrizado das pestanas, logo de acomodación e protección da clientela sen esquece-las normas de seguridade e hixiene.
* Realiza-las fases dos procesos de tinguidura, rizado e desrizado de pestanas, baixo supervisión directa.

15.Participar no asesoramento á clientela sobre os servicios prestados nos establecementos que ofrecen servicios de estética decorativa.* Asesora-la clientela, baixo supervisión técnica directa, sobre os efectos que producen os distintos procesos de estética decorativa, amosando, nos casos de realización de maquillaxes, os efectos conseguidos utilizando o espello de tocador.
* Asesora-la clientela sobre a maneira de optimiza-los resultados sobre os procesos de estética decorativa.

16.Realiza-la promoción e venda de servicios, productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en establecementos de beleza, aplicando técnicas de venda segundo as especificacións recibidas.* Identifica-lo tipo de clientela e as súas necesidades e demandas.

* Seleccionar e presenta-la gama de productos e servicios que responden ás demandas da clientela, amosando as súas propiedades e características.

* Aplicar técnicas de negociación, pechando a venda e aténdose ós principios de ética profesional.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha nómina.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de estética persoal decorativa:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Depilación mecánica e técnicas complementariasEstéticaProfesor técnico de FP

2Técnicas de hixiene facial e corporalEstéticaProfesor técnico de FP

3MaquillaxeEstéticaProfesor técnico de FP

4Escultura de uñas e

estética de mans e pés

Estética

Perruquería

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

5Promoción e venda de productos e servicios no ámbito da estética persoalAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesor de ensino secundario

6Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

7Anatomía e fisioloxía humana básicasAsesoría e procesos de imaxe persoal

Procesos sanitarios

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

8Cosmetoloxía aplicada á estética decorativaAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesor de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesor de ensino secundario

BioloxíaProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos sanitarios-Diplomado en enfermería

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de técnicos de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Estética-Técnico superior en estética-Técnico especialista en estética

Perruquería-Técnico especialista en perruquería

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de estética persoal decorativa require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de estética120 m90 m65%

Aula polivalente60 m40 m35%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante peches.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Depilación mecánica e técnicas complementarias.

* Técnicas de hixiene facial e corporal.

* Maquillaxe.

* Escultura de uñas e estética de mans e pés.

* Promoción e venda de productos e servicios no ámbito da estética persoal.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Depilación mecánica e técnicas complementarias.

* Técnicas de hixiene facial e corporal.

* Maquillaxe.

* Escultura de uñas e estética de mans e pés.

* Promoción e venda de productos e servicios no ámbito da estética persoal.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totalesDenominación de los módulos

1º, 2º e 3º trimestre

55Depilación mecánica e técnicas complementarias

105Técnicas de hixiene facial e corporal

215Maquillaxe

80Escultura de uñas e estética de mans e pés

80Promoción e venda de productos e servicios no ámbito da estética persoal

105Anatomía e fisioloxía humanas básicas

130Cosmetoloxía aplicada á estética decorativa

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Formación e orientación laboral

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55 que se utilizarán nos tres primeiros anos.