Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de menaxe, enxoval e audiovisuais con destino ó Pazo de Mariñán. (Expediente 99/2050 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de menaxe, enxoval e audiovisuais con destino ó Pazo de Mariñán.

Lugar de entrega: Pazo de Mariñán.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 3.365.000 ptas., 20.224,06 euros, desagregado en 8 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de cadanseu lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 22 de novembro de 1999.

José Luis Torre Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña