Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da subministración de material eléctrico para novas instalacións de iluminación pública.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servicios Electromecánicos, Patrimonio e Contratación, nº expediente: 3120/444.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de material eléctrico para a instalación de novas iluminacións públicas.

Unidades que se van entregar: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, dous lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 7.796.140 ptas.

Lote 2: 18.906.620 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo.

Teléfono 986 81 01 48.

Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das normas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 17 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde