Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

O Pleno deste Concello, en sesión do día 28 de outubro acordou, e co voto da maioría absoluta dos membros desta corporación:

1.1. Inicia-los trámites pertinentes ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para proceder á desafectación da Escola Unitaria de Randufe, sita no barrio de Chans da citada parroquia.

1.2. Cederlle o uso, unha vez conceda a consellería a desafectación indicada no punto primeiro, con carácter temporal, da Escoal Unitaria de Randufe á Asociación Galega de Hemofilia, para situar nela o centro de talleres ocupacionais para xoves hemofílicos de Galicia e do resto de España.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8 do vixente Regulamento de bens da CC.LL, podendo presentarse as oportunas alegacións ou reclamacións contra o presente acordo no prazo dun mes contado a partir da derradeira publicación do presente edicto no BOP e no DOG.

Tui, 3 de novembro de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde