Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

En cumprimento do disposto nos artigos 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 128 do Regulamento de planeamento, faise público que o Concello de Tui, en sesión do Pleno do pasado 28 de outubro de 1999, prestou aprobación inicial ó expediente de modificación puntual nº 3 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, ampliación do cemiterio de Areas.

Durante o prazo dun mes desde a derradeira publicación deste anuncio no DOG, BOP e nun periódico de tirada provincial, o expediente queda sometido a información pública, podendo examinarse nas oficinas municipais e presentárense, se é ó caso, as alegacións que se consideren oportunas.

Tui, 3 de novembro de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde