Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na poxa por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indica, exponse ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase a poxa para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou prego.

1. Entidade adxudicadora: organismo: alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo do contrato: construcción Centro Formación Ocupacional (2ª fase) cun orzamento tipo de licitación de 14.999.999 ptas., e un prazo de execución de 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

4. Fianzas: o 2% a provisional e o 4% a definitiva do prezo do remate.

5. Obtención da documentación e información: secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo: 36740 Tomiño; teléfono: 986 62 20 01, fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

7. Presentación das ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 horas (luns a venres) e de 11 a 13 horas os sábados.

8. Apertura de ofertas: pola mesa de contratación no concello ás 12 horas do 3º día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Tomiño, 24 de novembro de 1999.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde