Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 5 de outubro de 1999, acordou por unanimidade, proceder á venda do seguinte ben:

-Inmoble co nome de Casa-Escola.

-Lugar: O Carballo-San Xurxo (San Xoán de Río).

-Titularidade: municipal.

-Prezo de saída: 2.517.856 ptas., mellorando á alza.

-Procedemento: poxa.

O prego de condicións foi tamén aprobado na mesma sesión e co mesmo quorum.

Expónse ó público o prego polo prazo de oito días que se simultanea coa licitación. O prazo para a presentación de ofertas será de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio:

-Tramitación expediente: secretaría.

-Información e exame do prego: ata a data de remate do prazo para a licitación.

-Lugar: Concello de San Xoán de Río (Ourense).

-Teléfono: 988 34 60 02.

-Fax: 988 34 61 30.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos procedentes.

San Xoán de Río, 28 de outubro de 1999.

Pedro Fernández Fernández

Alcalde