Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: subministración de emulsión asfáltica ECR-2, para o Servicio de Vías e Obras.

3. Orzamento: 15.000.000 de ptas.)

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación de ofertas: trece (13) días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 269, do 23 de novembro de 1999.

Lugo, 23 de novembro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo