Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía, do 3 de novembro de 1999, aprobouse definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de execución A do Plan parcial do sector SAU-2 As Brañas.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición perante a alcaldía dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción desta notificación.

Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da recepción da notificación da desestimación, cando esta sexa formulada de forma expresa ou no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que o referido recurso de reposición teña que entenderse desestimado de forma presunta.

Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere conveniente.

Sada, 4 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado