Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Sada, na sesión do día 25-3-1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución A Valexa, sita na parroquia de Veigue, presentado por José García Fernández, propietario único dos terreos.

Contra o antedito acordo, que é definitivo en vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición perante a Alcaldía dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción desta notificación.

Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da recepción da notificación da desestimación, cando esta sexa formulada de forma expresa, ou no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que o referido recurso de reposición terá que entenderse desestimado de forma presunta.

Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere conveniente.

Sada, 27 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado