Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal de Ribeira, na súa sesión do 26 de outubro de 1998, acordou modifica-la bandeira municipal no sentido de incorporarlle o escudo heráldico do concello.

De conformidade co disposto no artigo 3.1º do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, sométese o expediente a trámite de información pública, para efectos de que os interesados poidan formula-las reclamacións, observacións ou reparos que consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, que se iniciará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 4 de novembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Alcalde