Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (69/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 4 de novembro de 1999, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, a pedimento de Construcciones y Reformas Moisa, S.A., representada por Mónica Isabel Vázquez Paradelo, o proxecto básico e de execución de urbanización parcial da rúa Cartelle (fronte ó nº 6), logo de constitución de garantía por importe de 3.494.938 pesetas, co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación.

Deberase acredita-la representación que se di posuír en calquera das formas previstas no artígo 32 da Lei 30/1992.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, anunciándoa no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

De conformidade co disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de novembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente