Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (321/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 4 de novembro de 1999, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente a pedimento de José Costa Prieto, o proxecto de compensación da zona 10.B.2 do SU 29 do PXOU de Ourense.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante publicación no DOG e notificación persoal a todo-los propietarios afectdos.

De conformidade co disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden oportunas.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de novembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente