Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do día 30-9-1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución ingegral U.E.I.-6 no porto de Sada, redactado polo arquitecto Jacobo Rodríguez-Losada Allende.

Contra o antedito acordo, que é definitivo na vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición perante o Concello Pleno dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da recepción da notificación da desestimación, cando esta sexa formulada de forma expresa, ou no prazo de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que o referido recurso de reposición teña que entenderse desestimado de forma presunta.

Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere conveniente.

Sada, 8 de novembro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde