Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COTOBADE

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número un das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cotobade.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria realizada o día 18 de novembro de 1999, co quórum de maioría absoluta legal de membros da corporación, acordou:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cotobade, redactada pola empresa Interurban, S.A., unha vez que se concluíu a tramitación do documento, segundo o establecido na regulación urbanística aplicable e se emitiron os informes previstos no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

2. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, remitíndoselle unha copia do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento definitivamente aprobado.

3. Para efectos do establecido no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, publicarase este acordo no BOP.

Recursos: contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo. Se se interpón o recurso de reposición non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Transcorrido un mes desde a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se notificase resolución expresa entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o seguinte ó de aquel no que se produza o acto presunto.

Non obstante, poderase impugnar directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa. Para tal efecto, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cotobade, 19 de novembro de 1999.

José Ramón Abal Varela

Alcalde