Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Aprobación definitiva de estudio de detalle.

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria realizada o 27 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle redactado polo arquitecto Jesús Muíños Fernández por instancia de Prominfer, S.L., referido a solo urbano núcleo de Cabanas na zona da praia, edificación entre a estrada e o ferrocarril en San Martiño do Porto.

Recursos:

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte

ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

De optar por interpoñer rcurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da resolución. No caso de resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo a que se fixo referencia anteriormente, no prazo de seis días contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición debería ser notificado de forma expresa.

Cabanas, 2 de novembro de 1999.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa