Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de miniplanta de transferencia de residuos sólidos urbanos, situado no concello de Vilasantar (provincia da Coruña) e promovido por Sogama, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de miniplanta de transferencia de residuos sólidos urbanos en Vilasantar, A Coruña, e promovido por Sogama, S.A.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña.

* Concello de Vilasantar.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental