Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se fai pública a solicitude de creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de que no prazo dun mes os interesados lexítimos poidan examina-lo expediente e formula-las alegacións que consideren pertinentes, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, sita na Praza de Europa, 5 A -4º, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, tivo entrada a solicitude de creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia, que terá os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: o Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia agrupará as persoas que estean en posesión do título de enxeñeiro en informática, establecido polo Real decreto 1459/1990, do 26 de outubro, e as que posúan o título de licenciado en informática en tódalas súas especialidades, de acordo co establecido no anexo do Real decreto 1954/1994, que regula a homologación de títulos ós do catálogo de títulos universitarios oficiais.

Asina a solicitude: Julio Ángel Fernández Vilas, en calidade de presidente da Asociación de Doutores, Licenciados e Enxeñeiros en Informática de Galicia (Aliga).

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

José A. Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local