Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e expediente anticipado de gasto, para a contratación de traballos de consultoría e asistencia técnica consistentes na elaboración de proxectos de adecuación, selado e clausura de vertedoiros de residuos sólidos urbanos.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: elaboración de proxectos de adecuación, selado e clausura de vertedoiros de resíduos sólidos urbanos.

2.2. Prazo de execución: lotes 1, 2, 4 e 7, catro meses. Lotes 3 e 6, cinco meses. Lote 5, tres meses. No caso de ser necesario realizar modificacións polos resultados da declaración ambiental, concederase un prazo adicional dun mes, a partir da notificación de declaración ambiental.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e dous millóns oitocentas tres mil oitenta (72.803.080) pesetas, IVE incluído.

5. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata ou do lote ó que se presenten ofertas.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata ou do lote adxudicado polo seu orzamento inicial.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

7.2. Información: teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

8.4. Variantes: non se admitirán.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo se trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente