Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de outubro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Camiña Castro, Ramiro e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, 3º andar, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 22 de outubro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Carmiña Castro, Ramiro

DNI: 35.286.830

Valdemós, 95-Raxó

Poio (Pontevedra)

Liquidación de xuros de demora.

Expediente: Z-2406/1998.

Liq.: 00098001286

Gómez Otero, Manuel

DNI: 35.245.066

Doade, 140

Lalín (Pontevedra)

Liquidación de xuros de demora.

Expediente: Z-591/1999.

Liq.: 000990004883