Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de outubro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se notifican resolucións de reintegro de axudas e subvencións ás persoas que se sinalan (Camiña Castro, Ramiro e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase por medio deste anuncio resolución pola que se lles require un reintegro ás entidades que se sinalan no anexo.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 3 da Orde do 21 de xullo de 1998, pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas e subvencións.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, no prazo de 15 días hábiles, recurso de reposición ante o órgano que a dictou ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pontevedra, 22 de outubro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Camiña Castro, Ramiro

DNI: 35.286.830

Valdemós 95, Raxó

Poio (Pontevedra)

Reintegro subvención Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por pagamento indebido.

Expediente: Z/12-01/1997

Liq.: 000980012865

Gómez Otero, Manuel

DNI: 35.245.066

Doade 140

Lalín (Pontevedra)

Reintegro de axudas e subvencións da Consellería de Medio Ambiente.

Expediente: 1998/36/000/11360157/1995

Liq.: 000990004881