Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.221

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (86/1999-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido,

Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 86/1999-10, por instancia de axentes da polícía local números 50 e 133, contra Salvador Cuevas Gómez, e nas súas actuacións se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. En nome de El-Rei. En Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 86/1999, no que actuaron como partes, como denunciantes os policías locais números 133 e 50, e como denunciado Salvador Cuevas Gómez.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido qe debo condenar e condeno a Salvador Cuevas Gómez como autor dunha falta do artigo 634 á pena de 20 días con cota diaria de 200 pesetas, así como ás custas procesuais.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse

pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Salvador Cuevas Gómez, expido e asino en Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado