Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de outubro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan expedientes de compensación de débedas de natureza tributaria pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Pérez Rego, Pilar).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse expedientes de compensación de débedas de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación dos artigos 63 a 65 e 67 do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, e concordantes do R.D. 1163/1990, do 21 de setembro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 22 de outubro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Pérez Rego, Pilar

DNI: 35.441.052

Salvador Moreno 42, 6º D

(Edif. Los Molinos)

Pontevedra

Compensación débedas.

Expediente: D-575/1995

Liq.: 000980006711