Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.220

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (203/1998).

Eu, Juan Francisco Riobó Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, fago saber que neste xulgado, promovido por José Valiña Insua, se segue expediente 203/1998 para a declaración de falecemento de José Insua Rey, que o 4-4-1908 contaba 19 anos de idade; descoñécense máis datos do lugar e da data de nacemento; fillo de Florencio e de Manuela, con último domicilio en Cambeda-Vimianzo, que emigrou a Arxentina en 1913 sen que desde entón se tivesen noticias del. Se vivise nestas datas, o desaparecido tería uns 109 anos de idade.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguides da Lei de axuizamento civil en relación co 193 e concordantes do Código Civil se fai público mediante este edicto, o cal se publicará no BOE así como no DOG para os efectos oportunos, e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no dito expediente.

Corcubión, 23 de abril de 1999.

Juan Francisco Riobó Fernández

Secretario