Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.220

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (178/1999).

Nos autos de referencia dictouse a resolución que, copiada literalmente, é como segue:

«Providencia da maxistrada xuíza accidental Ana Aba Catoira.

En Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Dada conta do que antecede, únase. Non proceden, polo momento, os sinalamentos de poxas que se pretenden e obsérvese o acordado en providencia con data do tres de xuño de mil novecentos noventa e nove, notificada con data do sete de xuño, en relación coa dilixencia negativa levada a cabo polo Servicio Común de Notificacións e Embargos da entidade Masanza, S.L.

Ó mesmo tempo, e observándose da certificación emitida polo Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, que a sociedade Masanza, S.L., compradora do predio hipotecado, estaba representada por Luis Miguel Sánchez Alonso, María del Carmen Zapata Don, Juan José Fuentes Vallejo e Inés Marcos Galán, como únicos socios e membros do consello de administración da sociedade, dándolle ó acto o carácter de xunta universal, notifí

queselle-la existencia deste procedemento ós antes mencionados».

E para que lles sirva de notificación en forma á entidade Masanza, S.L., María del Carmen Zapata Don, Juan José Puentes Vallejo e Inés Marcos Galán, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O/a secretario/a

Rubricado